Volve o Outono Lírico con ‘Tosca’ e ‘Il Barbiere di Siviglia’

O ciclo operístico Outono Lírico trae esta tempada dúas obras de primeiro nivel como son Tosca e Il Barbiere di Siviglia, que ademais serán interpretadas por primeira vez na cidade cun elenco de artistas internacionais.

Amigos de la Ópera de Vigo é unha asociación, sen ánimo de lucro, con máis de seis décadas de vida que anualmente organiza unha programación formada por representacións de ópera, conferencias, proxeccións e viaxes. O Outono Lírico deste ano trae a Vigo dúas obras de gran calado como son Tosca, de Puccini, e Il Barbiere di Siviglia, de Rossini, ademais da gala Novas voces da lírica galega, dúas proxeccións e tres conferencias.

Por primeira vez representarase en Vigo a ópera Tosca coa orquestración completa o día 21 de setembro. Por iso recórrese a unha versión “concerto dramatizado”. O argumento desta ópera de Puccini é de corte político, nun ambiente histórico verídico que é a Europa do 1800, e no medio da invasión napoleónica a Italia. Grandes voces da escena internacional actuarán na obra, como son a soprano Elena Mikhailenko, o barítono Carlos Almaguer ou Héctor Sandoval. Como novidade, destaca a utilización da técnica de video mapping para recrear as localizacións da obra.

O 27 de outubro representarase a versión clásica de Il Barbiere dei Siviglia con todas as súas escenas, incluída a difícil peza do tenor: Cessa dei piuressistere. Trátase dunha ópera estreada en Roma en 1816 de G. Rossini sobre un libreto de Cesar Sterbini, baseado na comedia do mesmo nome de Pierre-Augustín de Beaumarchais. Esta representación tamén contarán con nomes da talla de Diego Godoy, Laura Verrecchia ou Carlos Daza.

No elenco de ambas obras tamén haberá presenza galega, coa participación de Pedro Martínez-Tapia, Marina Penas e Diego Neira. Ademais, as dúas óperas estarán musicalizadas pola Orquestra Sinfónica Vigo 430, dirixida por Manuel Coves no primeiro caso e por Diego García no segundo, e polo Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz.

(GMT+01:00) Teatro Afundación

REVISTA VERAN

(GMT+01:00) Teatro Afundación