Vitrasa celebra o Entroido cun concurso de disfraces

O Entroido tamén se vive sobre rodas. Vitrasa quere sumarse á festa convidando á cidadanía a participar nun concurso de disfraces que ten como protagonista o autobús urbano. Unha iniciativa aberta a todas as idades que premiará as propostas máis orixinais do 13 ao 17 de febreiro.

Vitrasa súmase un ano máis á celebración do Entroido cunha iniciativa pensada para todas as idades: un concurso de disfraces vinculado ao autobús urbano, que premiará a creatividade e a orixinalidade das persoas participantes. O concurso, que se desenvolverá do 13 ao 17 de febreiro, está aberto á participación de persoas de todas as idades e valorará especialmente a imaxinación, a orixinalidade e o espírito festivo dos disfraces.

A compañía porá en marcha un sorteo para elixir os cinco mellores disfraces, con premios que inclúen produtos exclusivos de Vitrasa. O primeiro premio consistirá nunha cámara fotográfica instantánea e unha botella reutilizable da compañía; o segundo premio incluirá unha cámara fotográfica instantánea e un altofalante de Vitrasa; mentres que o terceiro, cuarto e quinto premio recibirán un pack de agasallos corporativos.

Para participar, será necesario cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Seguir o perfil oficial de Vitrasa en Instagram: @vitrasaoficial.
  2. Dar “gústame” á publicación do sorteo.
  3. Facerse unha foto disfrazado ou disfrazada co autobús de Vitrasa de fondo, por exemplo mentres
    se agarda na parada, no momento de acceder ao vehículo ou nun entorno urbano recoñecible no
    que haxa un autobús.
  4. Subir a foto a stories de Instagram, mencionando a @vitrasaoficial.