CAMELIAS MASCOTAS

Vigo volve ao cine esta tarde

A partir de hoxe o cinema de Vigo súbense ao carro da nova normalidade coa apertura das tres maiores salas da cidade: Gran Vía Cines, Yelmo Cines e Galicine Praza Elíptica, que poderán encher un 75% da súa capacidade. Os Multicines Norte aínda non teñen data de apertura e o telón dos Salesianos levantarase en setembro.

Fotograma de Cinema Paradiso

Os tres maiores cines da cidade, todos eles localizados en centros comerciais, abren a partir desta tarde as súas portas, incorporándose así á situación de nova normalidade na que pouco a pouco se integra a actividade cultural. As salas poderán ocupar un 75% do seu aforo total, deixando asentos de separación entre grupos, e deberán garantir en todo momento a distancia de seguridade, realizando a entrada e salida de xeito ordenado e gradual e colocando sinais no chan que permitan o fluxo de persoas con garantías sanitarias. Ademáis, o despacho de flocos de millo non se poderá realizar a granel, perdéndose de momento un dos pequenos praceres e tradicións da experiencia cinéfila.

Para celebrar a volta, e como auto homenaxe dos exibidores do séptimo arte, Gran Vía Cines, Yelmo Cines e Galicine Praza Elíptica incluirán na súa programación Cinema Paradiso, do italiano Giuseppe Tornatore. Un clásico de 1988, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa, na que o pequeno Totó descubrirá o amor polo celuloide nunha pequena vila siciliana. O filme estará en carteleira ata o xoves día 2 de xullo.

REVISTA NOVEMBRO

Ademáis deste chisco ao pasado, as carteleiras énchense de estreas estadounidenses truncadas durante os últimos meses. Entre elas atoparemos dramas como Cuestión de justicia ou Personal assistant e moita acción, con películas como Los señores de la mafia, ouValentine. O thriller psicolóxico e o terror tamén terán o seu cupo en pantalla con estrea de El hombre invisible e La posesión de Mary

Para os nenos e os que gostan dos filmes de animación, a esperada produción de Pixar e Disney, Onward fará a súa aparición nas carteleiras e tamén a historia baseada no popular personaxe de videoxogos dos 90, Sonic la película, así como unha nova entrega de Las aventuras del Doctor Dolittle.

Os aficionados ao cinema tamén podrán ver a brasileira Divino amor e as españolas La cinta de Álex, debut da directora Irene Zoe Alameda; e Hasta que la boda nos separe, de Dani de la Orden

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.