Vigo vibra esta fin de semana coas Rondallas, Pablo López e Sés

Outro dos espectáculos máis salientables da fin de semana é o debut do podcast Hora Veintipico en formato show en directo con Hora Treintaypico ou o regreso de Marinita y sus Maromas a Teis. Preme no título de cada evento para obter máis información e visita a nosa axenda para coñecer todos os eventos da cidade.

ROMARÍA DE SAN AMARO – De xoves a domingo en Matamá – De balde

XORNADA XUNTA

Volve este ano unha das festas tradicionais máis icónicas da cidade, Matamá celebra San Amaro con citas relixiosas e músicais. A festa é na honra do santo que se dicía obrou milagros curativos, é unha das tradicións máis arraigadas e a festa popular que abre o ano.

ESPECTÁCULO LUCÍA JOYCE – Venres e sábado ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde 11,00 €

Drama de danza-teatro de Karlik Danza-Teatro no que Lucía Joyce, bailarina e filla de James Joyce, revisa a súa vida nunha carta final entre lembranzas, amor á danza e loita pola liberdade.

ESPECTÁCULO ‘HORA TREINTAYPICO’ – Venres ás 20:30 h no Teatro Afundación – Desde 19,80 €

Adaptación a escenario do pódcast ‘Hora Veintipico’. Protagonizado por Hector de Miguel (Quequé) e coa participación de Fernando Moraño, José Cabrera, Marina Lobo e Miguel Martín.

CONCERTO DE PABLO LÓPEZ – Venres e sábado ás 21:00 h no Auditorio Mar de Vigo- Desde 50,00 €

Dobre cita dentro da nova xira “El Niño del Espacio en Concierto 2026”, un percorrido que inclúe os seus grandes éxitos e as novas obras do seu agardado álbum.

CONCERTO MON BAND – Venres ás 21:30 h na Casa de Arriba – 10,00 €

Concerto da banda viguesa Mon Band, capitaneada por Mon Cancela, que chega co seu primeiro concerto de 2026 á Casa de Arriba.

CONCURSO DE RONDALLAS – Sábado ás 17:00 h no IFEVI – 3,00 €

O VIII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo terá lugar o sábado 17 de xaneiro a partir das 17:00 h coa participación de 17 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán, Tui, Baiona e Redondela e reunirá, tendo en conta as anteriores edicións, unhas 5000 persoas no IFEVI.

CONCERTO RAPAZAS – Sábado ás 18:00 h no Local de Emaús – De balde

RAPAZAS é un evento que mistura o rap e a música urbana feita por mulleres na contorna de Vigo. Contarase coas actuacións de Karolka, La Huerita e AID, tres artistas con traxectorias diferentes que veñen a representar a presenza das mulleres na cultura musical urbana viguesa e a reivindicar a escritura como canle de expresión. Karolka , sangue nova no xogo e amiga da casa, La Huerita, presente e futuro do rap vigués e AID, lenda na nosa cidade e unha das pioneiras do rap en feminino no panorama galego.

ESPECTÁCULO MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 20:00 h no Auditorio de Teis – 10,00 €

Como cada mes, a compañía de teatro Drag trae á Teis un show de comedia musical con voz en directo, bailes de infarto e moito humor.

CONCERTO DE SÉS – Sábado ás 20:30 h no Teatro García Barbón – Desde 16,00 €

SÉS presenta en directo o seu novo traballo, Nadando na incerteza, unha obra na que a canción ocupa o centro absoluto, sen sobreprodución nin artificios, nun exercicio de mestría e autenticidade que reivindica a súa condición de cantautora.

CONCERTO SWEET GIANT – Domingo ás 20:00 h na Fábrica de Chocolate – Desde 6,00 €

Sweet Giant, banda emerxente de Londres. Formada por Annie Needham, Nick Morgan, Marco Briatore e Rob Chaney, a banda construiu unha sólida reputación polo seu son envolvente, emocional e cheo de matices. Unha mestura natural entre o Indie moderno, o Folk con raíces e a enerxía do Rock de autor.