A segunda esdición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo celebrarase en xuño

Do 10 ao 12 de xuño, Vigo acollerá a segunda edición do festival que reúne creadores, intérpretes e amantes das series, con proxeccións, obradoiros, coloquios e actividades abertas ao público.

Tras o éxito da súa primeira edición, o Festival Internacional de Series Ría de Vigo regresa coa súa Season 2 do 10 ao 12 de xuño, consolidándose como un punto de encontro de referencia para a industria audiovisual e os seguidores da ficción seriada. Durante tres días, Vigo e a Ría convértense no centro da creatividade en series, ofrecendo unha programación que combina proxeccións, obradoiros, paneles, presentacións de proxectos e coloquios.

Esta edición incorpora como novidade un espazo dedicado a novas modalidades de entretemento, reforzando o compromiso do festival coa innovación e a diversidade na ficción. Ademais, os asistentes poderán gozar de proxeccións abertas ao público acompañadas de coloquios nos que os protagonistas compartirán os segredos das súas producións, consolidando a Galicia como territorio creativo e audiovisual.

A Season 2 do festival ten como obxectivo impulsar o talento emerxente, xerar debates sobre o presente e o futuro das series e crear un espazo de networking para profesionais e público. Nas próximas semanas darase a coñecer o programa completo, os convidados especiais e os escenarios do festival.