Vigo Lockers, movemento sen cargas

Desde 2024 contamos cun innovador servizo de consigna de equipaxe que facilita a vida a turistas e locais. Esta iniciativa privada naceu da experiencia de Verónica Pérez, quen, tras vivir no estranxeiro e viaxar por todo o mundo, botou en falta este servizo ao regresar á súa cidade.

Verónica Pérez no local de Vigo Lockers | P. Vázquez

Decatouse da demanda constante dos hóspedes por un lugar onde gardar as súas maletas, o que a impulsou a crealo ela mesma. A localización, tan importante neste tipo de negocios, é inmellorable: na Estación Marítima de Vigo, preto dos barcos que chegan ou poñen rumbo ás Cíes, a Ons e ao Morrazo. Un ano despois da apertura, Verónica afirma que a acollida, tanto de turistas como da cidadanía, é tan boa que xa está a preparar un segundo local na rúa de Afonso XIII, a escasos metros das estacións de bus e tren. Sen data de apertura fixa, agarda poder prestar este servizo no verán.

ESCENICAS

Vigo Lockers está dispoñible as 24 horas do día os sete días da semana, cunhas instalacións videovixiadas, con alarma e cun seguro para as pertenzas. Durante o período de alugueiro pódese acceder ao armariño as veces que se queira, o que permite flexibilidade para coller ou deixar obxectos. Ademais, a reserva pódese cancelar gratuitamente ata 24 horas antes do inicio do servizo, caso no que se recibe o reembolso total.

BARAFUNDA
Interior de Vigo Lockers | P. Vázquez

Malia que poida parecer dirixido ao turismo, tamén resulta de grande utilidade para os locais: pode ser práctico para quen se despraza en patinete eléctrico ou leva obxectos voluminosos para actividades diarias ou deportivas. O prezo estándar é de 9,90 € por día natural (de 00:00 a 23:59), pero existe unha tarifa especial para residentes na área de influencia de Vigo, cun desconto do 50 % (o prezo queda en 4,95 € por día), que se consegue aplicando o código «LOCAL» na web. Esta medida busca apoiar a xente da zona, e tamén se estableceron xa convenios con asociacións sociais e veciñais.

Exterior de Vigo Lockers | P. Vázquez

Todos os armarios son de tamaño XL, con capacidade para tres maletas de man mais unha mochila ou unha maleta de grandes dimensións. A reserva faise en liñae acepta gran variedade de métodos de pago. O usuario recibe un código que permite o acceso tanto á porta exterior do local como ao propio armariño. Para as persoas máis precavidas e organizadas, pódese reservar con meses de antelación, aínda que, para os amigos da improvisación, tamén se pode facer no momento diante da porta, se hai dispoñibilidade.

Como un engadido para os peregrinos, Vigo Lockers ofrece un selo exclusivo para a credencial deseñado pola artista viguesa Mónica Veiga. Ademais, dentro do local hai un photocall con elementos distintivos da cidade e de Galicia.

Selo creado pola artista viguesa Mónica Veiga | P. Vázquez

Estación Marítima da Ría de Vigo, local 5 | vigolockers.com | info@vigolockers.com

The following two tabs change content below.