Vigo despide agosto con cine, música e festas esta fin de semana

Para moitos e moitas, as vacacións están a piques de rematar, e Vigo ofrece moitas formas de despedilas por todo o alto: xornadas de cine mudo, unha boa hamburguesa gourmet, unha romaría, ou un festival, entre outras. Seleccionamos 10 plans para a fin de semana. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

Aphonnic actuando no festival Latitudes en 2022 | P. Vázquez

MU 2: III XORNADAS DE CINEMA MUDO E MÚSICA – Do xoves ao sábado na Fundación Sales- Desde 12,43 €

Entre o 27 e o 30 de agostoCaspervek organiza MU2: III Xornadas de cinema mudo e música, un festival único que une cinema silentemúsica en directo experiencias inmersivas, na Fundación Sales. Durante catro noites consecutivas, o público poderá gozar dunha programación cinematográfica composta por clásicos do cinema mudo, acompañada por bandas sonoras orixinais compostas e interpretadas por Caspervek Ensemble, referente europeo na musicalización contemporánea de filmes históricos. Para descubrir a carteleira completa, preme no título.

THE CHAMPIONS BURGER- Do xoves 28 de agosto ao domingo 7 de setembro no CC Vialia- De balde

Entre o 28 de agosto e o 7 de setembro, o Centro Comercial Vialia acolle unha nova edición de The Champions Burger, o primeiro campionato de burgers de España. Trátase do maior evento gastronómico de hamburguesas gourmet en España, no que máis dunha quincena de hamburgueserías, tanto locais como nacionais, compiten polo título da mellor hamburguesa do país.

SAN CAMPIO EN VALADARES- Do xoves 28 de agosto ao martes 2 de setembro no CCV Valadares- De balde

Entre o 27 de agosto e o 2 de setembro, celébrase San Campio en Valadares. A programación inclúe un certame de bandas de música, a actuación de distintas agrupacións musicais (como a de Matamá, a de Vincios ou a de Valadares), charangas como a Noroeste ou Os Imperiais, cantareiras, carrozas, El combo dominicano, e moito máis.

GALICIA FEST – Do venres ao sábado na Estación Marítima – Desde 25,00 €

Con motivo do Xacobeo, o 29 30 de agosto, celébrase a primeira edición do Galicia Fest na Estación marítima de Vigo. Este novo festival ofrece unha programación musical centrada nos xéneros indie pop, únicamente con artistas nacionais. Ademais, doce DJ’s de talla nacional encargaranse de ambientar as transicións entre as distintas actuacións. Mikel Izal, Leire Martínez, Dani Fernández e Beret entre outros.

RUTA DE PINCHOS DE TEIS- Do venres 29 de agosto ao domingo 14 de setembro no barrio de Teis | Desde 2,50 €

Entre o 29 de agosto e o 14 de setembro, o barrio vigués de Teis acolle a décimo segunda edición da súa Ruta de Pinchos. Ademais de ofrecer unha ampla e interesante oferta gastronómica, este evento conta con actuacións musicais en directo. Nesta ocasión, doce locais de hostelería presentan doce tapas (unha por local). Para consultar os participantes, preme no título.

GRAN FESTA DE DESPEDIDA DO VERÁN- O venres ás 20:00 h no Chiringuito de La Marina- De balde

Chiringuito de la Marina celebra a Gran Festa de Despedida do Verán, un serán que combina actuacións musicais en directo, sesións de DJ’s e unha coidada proposta gastronómica, con vistas privilexiadas á Ría de Vigo.

C#SA BYRON- O sábado ás 22:00 h na Sala Kominsky – 5,00€

Sala Kominsky acolle unha actuación en directo de C#SA bYRON, un proxecto aberto de música experimental, sen formación fixa, activo desde o ano 2013. O seu eixo de exploración sitúase entre o acústico e o electrónico, sempre desde a improvisación, tomando un enfoque distinto en cada concerto. Nesta ocasión, o grupo parte da tradición musical eslava para construír unha viaxe sonora que entretece ambiente, experimentación electroacústica e escalas tetratónicas.

ROMARÍA DO PAN DE MILLO- O domingo no Parque Forestal Cotograned- De balde

Trátase dunha romaría recoñecida pola Xunta de Galicia como festa gastronómica e pola Consellería de Cultura e Turismo como actividade turística. O pan de millo só é un dos numerosos produtos dos que poden gozar os milleiros de asistentes da romaría, pois ofrece unha degustación de sardiñas asadas, polbo á feira, churrasco (acompañado de patacas e criollos) e empanadas de millo, a prezos populares. Ademais, tamén haberá actuacións musicais en directo e unha exposición de produtos de campo.

HEY HEMATOMA- O domingo ás 20:00 h no CC A Laxe | Desde 15,00 €

FAITE AMOVIDALOVER

A azotea do Centro Comercial A Laxe acolle un concerto de Hey Hematoma, a banda galega formada por antigos membros de Siniestro Total. Trátase dunha xornada musical ao aire libre, con vistas ás Cíes, que combina bo ambiente, gastronomía e música en vivo.

II ANIVERSARIO VÉRSAME- O domingo ás 20:00 no Café Uf | De balde

Vérsame, o espazo aberto de poesía, microrrelato, teatro, artes gráficas e música, celebra o seu segundo aniversario no Café Uf. O evento promete ser unha das súas habituais sesións de micro aberto, con algunhas sorpresas e, por suposto, tarta.