Vigo dálle ao play á segunda tempada do Festival Internacional de Series
A segunda edición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, celébrase do 10 ao 12 de xuño no Tinglado do Porto de Vigo. O festival é gratuíto e os convites estarán dispoñibles na web uns días antes do evento.

Tres días de visionados de series, coloquios, mesas e encontros profesionais chegan a Vigo do 10 ao 12 de xiño coa celebración da segunda tempada do Festival Internacional de Series Ría de Vigo.
O programa desta “Season 2” está estructurado en tres bloques de actividades. Por unha parte o visionado de series no que haberá unha serie en primicia, outras dúas estreas e seis proxeccións acompañadas de coloquios cos seus creadores e protagonistas. Paula Boto, codirectora do Festival, explicou na presentación do certame que o obxectivo é que “a diferenza entre ver as series no sofá da casa e velas cos seus creadores marque a diferenza dentro do Festival”.
Ademais de proxeccións para público xeral, a industria audiovisual terá un papel protagonista grazas a un novo espazo profesional de encontros e networking que reunirá figuras destacadas do panorama nacional e internacional. Entre as actividades programadas abordaranse temas como o financiamento de series, o auxe dos microdramas e as novas oportunidades para proxectos emerxentes a través de sesións de pitching e paneis especializados.
O festival concluirá coa Gala de Clausura o venres 12 de xuño cunha alfombra azul pola que pasarán os protagonistas da edición e na que se entregará o Premio do Público á Mellor Serie e La Oliva 2026, galardón honorífico outorgado pola organización a unha figura destacada do sector audiovisual español.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026
- Amigos de la Ópera presenta ‘Don Giovanni’ e outras dez actividades - 29 Maio, 2026
- ‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo - 27 Maio, 2026



