Vigo convértese na capital do piano a partir deste venres – A Movida

Vigo convértese na capital do piano a partir deste venres

Un total de 102 pianistas de 31 países diferentes participarán no II Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo que se celebrará entre o venres 24 ao domingo 1 de abril. O evento reunirá na cidade a elite mundial do piano.

A música de piano resoará en Vigo a partir do venres. O II Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo reunirá na cidade a máis dun centenar de pianistas, chegados de todo o mundo. O venres celébrase o concerto inaugural no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior ás 19:30 horas. O italiano Guido de Padova, gañador da primeira edición, e András Kemenes, un dos membros do xurado do certame, participarán neste concerto interpretando obras de Rachmaninoff e Bach. Do sábado 24 ao luns 26 terá lugar a primeira rolda, na que cada un dos músicos participantes terá 10 minutos para interpretar as obras que escolla diante do xurado. Desta primeira selección sairán os 18 seleccionados, que pasarán a semifinal do martes, na que contarán con 20 minutos para conquistar ao xurado. O mércores 28 é a gran final. Os cinco mellores pianistas competirán a partir das 17:00 no Auditorio do Concello por alzarse campións. Ás 21:00 farase entrega dos premios aos galardoados, que darán un concerto para tódolos asistentes presentes. Por último o domingo día 1, clausúrase o certame cun concerto no que participarán cinco membros do xurado, que están recoñecidos entre os mellores pianistas do mundo. Tamás Vásáry, Pablo Galdo, Cyprien Katsaris, Paul Badura-Skoda y Jorge Luis Prats tocarán pezas a 4, 6 e 8 mans.

Trátase dun evento no que se darán cita grandes nomes do piano de ata 31 nacionalidades diferentes. O país con maior representación é Corea, de onde proceden 21 dos músicos participantes. De España hai 8 pianistas, entre eles o concursante máis novo: Daniel Gómez Villaroya de 15 anos. Neste concurso, no que non hai límite de idade, tamén participa a romanesa Sorina Costea, que aos seus 51 anos é a veterana.

O gañador do certame gravará un disco no estudo da Fundación Paideia, ofrecerá recitais en Vigo, Nueva York, Chipre e Lugo e recibirá entre outras cousas tres mil euros en efectivo.

23mar19:30Concierto Inaugural II Concurso Internacional de pianoCONCERTO | Desde 5,00€19:30 Conservatorio Superior (O Castro)

28mar17:00Gran Final II Concurso Internacional piano Cidade de VigoCONFERENCIA | Desde 5,00€17:00 Auditorio Municipal do Concello

01abr20:00Concierto Clausura II Concurso Internacional piano Cidade de VigoCONFERENCIA | Desde 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

Compartir
X