Vigo condena á fogueira ao meco de Feijoo
Os vigueses non tiveron compaixón e reduciron a cinzas ao rei do Entroido, que nesta ocasión era un Feijoo cun martelo dinamitando o transvase do Eiras. Esta tarde porase fin as celebracións coas exequias funerarias e o sepelio ao meco.
Baixo o grito de lume, ás 11 da noite do martes de Entroido o meco de Feijoo ardía na Porta de Sol de Vigo. A lei imponse un ano máis na cidade e chega así o fin dunha festa caracterizada pola sátira, a burla e a troula.
Tras a queima do meco, unha comitiva relixiosa transportou as cinzas ata a Praza da Constitución acompañada pola comparsa decana de Os Tarteiras, que se encargaron de armar barullo. Os Tarteiras que este ano van vestidos de piolíns e Silvestres facendo un guiño a política nacional, non deixaron de tocar e bailar como derradeiro acto de rebeldía antes de que O Entroido chegue ao seu fin. Esta tarde ás 18:00 terán lugar as exequias solemnes e o sepelio ao meco que porán o punto final a seis días de festa. Hoxe, tamén se entregarán os premios do desfile de comparsas celebrado o pasado sábado no centro da cidade.
Tamara Novoa
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- O ‘queer’ fala galego - 1 Xuño, 2026
- Nuria Vil: «Segue a existir a narrativa de que as persoas queer somos perigosas» - 1 Xuño, 2026
- A ‘Tertúlia’ de Fillas de Cassandra conquista Pontevedra - 10 Maio, 2026
- Fran Alonso, escritor e editor: «Estamos no fin do modelo capitalista, pero os finais son moi longos» - 28 Abril, 2026
- Anxo Pintos: «Cómpre unha programación municipal que garanta a presenza de grupos galegos» - 1 Abril, 2026

