A Semana Santa arranca en Vigo coa Reconquista, un festival de música urbana e cervexa artesanal

Ademais da Festa da Reconquista esta fin de semana podemos gozar en Vigo do Birraseto Fest no Náutico, o festival de música urbana Lingua Viva no Ifevi e outros eventos culturais. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

‘BIRRASETO FEST’ – Do 26 de marzo ao 05 de abril durante todo o día no Peiraro do Náutico – De balde

O Birraseto Fest celebra a súa sétima edición na explanada do Náutico de Vigo do 26 de marzo ao 5 de abril. Un evento que combina cervexa artesá, gastronomía e lecer nun ambiente familiar. As persoas asistentes poderán degustar máis de 70 variedades de cervexa de produtores de Galicia e Madrid, ademais de gozar dunha ampla oferta gastronómica en food trucks con opcións variadas como hamburguesas, salchichas, comida venezolana, tex-mex, doces e alternativas sen glute.

FESTA DA RECONQUISTA – Do venres ao domingo no Casco Vello – De balde

A Festa da Reconquista de Vigo arranca este venres ás 17:00 h coa apertura do mercado de comida e artesanía. A festividade está organizada pola veciñanza do Casco Vello, que leva case trinta anos impulsando este evento xa recoñecido como festa de interese turístico nacional. Ademais do mercado, poderemos gozar de múltiples actuacións musicais e actividades familiares. O acto central ten lugar o domingo ás 18:00 na Porta do Sol onde se representa a expulsión das tropas francesas, todo nun ambiente histórico no que se recomenda asistir con vestimenta tradicional da época.

LINGUA URBANA – Venres ás 18:00 h no IFEVI – Desde 27,00 €

O cartel de Lingua Urbana conta con grandes artistas do panorama nacional e local. Cada un representa diferentes estilos dentro da música urbana actual, o que garante un directo variado e pensado para conectar co público novo que segue de cerca a escena. Desde artists como La Pantera, Metrika, L0rna, Sticky M.A., C Marí e Skinyz aos galegos 9Louro, West SRK, Sote, Telmo Brea e Valensk8.

Concerto de Mambas Negras – Vénres ás 19:30 h no CC Vialia – De balde

Mambas Negras é un grupo musical de Vigo formado por músicos experimentados da escena local que se uniron para crear un espectáculo centrado nas bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino, interpretando en directo temas icónicos de filmes como Pulp Fiction ou Reservoir Dogs, cun estilo que mestura rock, soul e surf rock, e que destaca máis polo seu potente directo e posta en escena que por repertorio propio, consolidándose como unha banda tributo moi recoñecida dentro do circuíto musical de Galicia.

CONCERTO DE ALIZZZ – Venres ás 21:00 h no Mondo Club – Desde 19,37 €

A música de Alizzz mestura pop alternativo electrónica e indie cun son moderno pero moi emocional, caracterízase por producións limpas e coidadas letras íntimas nostálxicas e ás veces melancólicas e influencias do pop internacional e da música urbana mais cun estilo propio máis suave. En definitiva, fai un pop electrónico íntimo e elegante máis para sentir ca para bailar.

XI EDICIÓN DO VIGO VOCALS REUNION – Venres ás 21:30 h na Sala Supersonic – Desde 10,00 €

Vigo Vocals Reunion celebra a súa XI edición o 27 de marzo na sala Supersonic en plena Reconquista, consolidándose como unha cita clave para descubrir o son actual da cidade. O evento impulsado por Frans Banfield e Iban Marciano reúne a trece das voces máis representativas de Vigo, mesturando novas xeracións con artistas veteranos. Cada participante interpreta un tema propio acompañado por unha banda base. A festa remata cunha sesión de DJ Meteoro centrada na música feita en Vigo.

CONCERTO DE RUB AND DUB CORNER #33 – Sábado as 00.00 h na Sala Kominsky – Desde 5,00 €

Rub and Dub Corner #33 é unha nova edición desta serie de eventos centrados na cultura reggae e dub en Vigo, onde diferentes selectores e sound systems se reúnen para ofrecer sesións con vinilos que percorren estilos como roots, dub e dancehall, destacando polo seu potente son, o seu ambiente underground e a súa aposta por manter viva a esencia da cultura sound system, converténdose nun punto de encontro habitual para as persoas amantes destes xéneros na cidade.

CONCERTO DE DANI DICOSTAS – Sábado ás 22:00 h no Island Club – Desde 22,00 €

O 28 de marzo, Dani Dicostas trae á súa casa, Vigo, o seu pop elegante e melódico, que bebe tanto das baladas como de sutís texturas electrónicas. As súas cancións navegan entre o confesional e o atmosférico, con arranxos coidados e unha produción que fusiona sensibilidade, melancolía e ritmos bailables.

CONCERTO DE PEDRO PASTOR Y LOS LOCOS DESCALZOS + ZAVALA – Domingo ás 19:00 h na Sala Rebullón – Desde 20,00 €

Pedro Pastor é un cantautor español e líder do proxecto Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, unha banda coa que leva máis de dez anos explorando a canción de autor mesturada con ritmos como cumbia, funk, música africana e folk latinoamericano, con letras de forte contido social, amor e cambio; xunto a eles publicou varios álbums, fixo numerosas xiras por España e América Latina e recentemente celebraron unha década de traxectoria con ‘10 Locos Años Descalzos’, un traballo que revisita os seus temas máis emblemáticos con colaboraciones de artistas recoñecidos.

‘VÉRSAME’ – Domingo ás 19:00 h no Café Uf – De balde

Espazo aberto de poesía, microrrelato, teatro, artes gráficas e música no café Uf, aberto a participación de todo aquel que teña unha proposta que presentar.