Vegana.gal anuncia a programación completa para esta fin de semana en Vigo
A feira do veganismo, Vegana.gal, volve ao IFEVI os días 25 e 26 de outubro. O evento trae unha apretada axenda con actividades para os máis pequenos, obradoiros solidarios, showcookings e días enteiros de faladoiros sobre alimentación vegana, a industria alimentaria ou os dereitos animais.
A feira de produtos e divulgación sobre o veganismo e o planeta celebra unha cuarta edición no IFEVI esta fin de semana cunha axenda cargada de faladoiros e actividades para todo tipo de públicos, ademais de demostracións e catas gastronómicas. Neste artigo repasaremos a ampla oferta cultural deste encontro, cos distintos prezos e horarios.
Na web do propio evento tes máis información sobre os métodos de transporte para chegar ao recinto ferial.
Sábado 25 de outubro

Faladoiros e showooking
- 11:00h | O pesadelo de Llucmajor: as claves do caso: a primeira charla será con Marina Sánchez e Kike Gimeno que explicarán o caso da granxa de Llucmajor en Mallorca onde os animais vivían en condicións paupérrimas.
- 12:00h | Colesterol ideal: como unha alimentación basada en plantas pode disminuir o risco cardiovascular : continúa con Yanina Cangelosi (@tucardiologavegana), a creadora de contido dedícase á divulgar sobre as maneiras de levar a dieta vegana equilibrada.
- 13:00h | E ti, como estudaches aos animais? : Mery Ocaña e Rocío Cano reflexionan sobre o especismo no sistema educativo e cómo se podería aplicar a conciencia polos dereitos animais no aula.
- 14:00h | Cocina creativa de aquí e de agora: remata a xornada o chef e presidente de Cociña Ourense, Gerson Iglesias (@gerson.if) coa súa demostración culinaria.
- 15:00h | Deconstrucción de dentro para fóra, cómo sobrevivir ao mundo actual: a marca viguesa de comida sostible para animais de compañía, Vanetta Food, dará a súa propia charla de humor co quionista e actor David Pareja e Águeda Ubeira, a CEO da empresa.
- 16:00h | Sabores de Palestina: cocina de resistencia: Muhanna Abusaada (@nutrymuth) ensinará aos asistentes as receitas tradicionais que aínda sobreviven como o propio pobo palestino.
- 17:00h | Alimentación Vegana Saudable: Lucía Martínez, recoñecida dietista-nutricionista e autora de Dime qué comes falará e dará consellos sobre este estilo vida alimenticia.
- 18:00h | Cociña reconfortante, receitas que abrazan: Míriam Fabà (@veganeando) dará un showcooking patrocinado pola marca Naturitas.
- 19:00h | Buenas Migas Podcast: darán unha entrevista en directo a Gonzalo Quesada (@datosdeciencia), recoñecido nutricionista das redes.
- 20:00h | Bingo Solidario: cun prezo simbólico de 2€ neste xogo pódense gañar unha variedade de premios e os fondos recadados serán para apoiar o traballo das entidades participantes.
Actividades e obradoiros
- 10:30h | Ioga para adultas: a primeira actividade será de ioga para adultas con Uxía Fernández, para a que só hai que levar unha esterilla propia.
- 12:15h | Rico, vegano…: na zona de libraría parece que teñen unha presentación sorpresa da que unicamento nos dan o título Rico, vegano… Saca as túas propias conclusións.
- 12:30h | Obradoiro de Xoiería Sostible: o primeiro dos obradoiros solidarios da xornada con Claudia Núñez que ensinará á xente que asista a crear xoiería sostible. Estes obradoiros requiren dunha entrada a maiores do abono sa feira, es os seus ingresos son íntegros para ás asociacións e santuarios de animais que participan no evento.
- 13:00h | Presentación e sinatura La bondad de los vegetales: a cardióloga Yanina Cangelosi ademáis dunha charla tamén estará presentando o seu novo libro e asinándoo.
- 14:00h | Sinaturas de varios libros: Mery Ocaña, autora de Cambiando el paso e El sueño de Dolfi estará asinando xunto a Rocío Cano, autora de Criar también es política.
- 16:30h | Presentación El Brasas: o chef Christopher Wilson estrá presentando o seu libro co título do seu perfil en redes @elbrasas.
- 17:30h | Obradoiro de diademas de frores: Raquel Castro (@damajuanagreensandbeans) ensinará unha das súas manualidades vexetais. Estes obradoiros requiren dunha entrada a maiores do abono sa feira, es os seus ingresos son íntegros para ás asociacións e santuarios de animais que participan no evento.
- 19:00h | Coloquio La virginidad no existe, ¿O sí?: a autora Míriam Jimenez Lastra falará sobre a súa obra e haberá sinatura de libros xunto a Lucía Martínez.
Para nenos
- 11:00h | Obradoiro de Circo con Atípico Circo
- 12:00h | MiniVegan Chef, obradoiro de cociña con Saborearte
- 13:00h | Obradoiro de caco labial en noz con DOA Saúde Mental
- 15:00h | Obradoiro de arxila e elementos naturais con Mapis
- 16:00h | Obradoiro de xabóns con Esveco
- 17:00h | Contacontos, unha tarde con Anxo Moure
- 18:00h | Ioga para a familia con Uxía Fernández de Bailalúas Centro de Yoga
- 19:00h | Obradoiros de construción con cartóns con Colectivo Artelixo
Para empresas
- 10:00h a 12:00h | Entrevista con viño e sen filtro: iniciativa de Mardy Bum A eira das Ideas.
Domingo 26 de outubro

Faladoiros e showooking
- 10:00h | Pre-estrea de Sentience: un documental sobre a sintencia dos animais acuáticos presentado por Olaia Freiría de Ética Animal, que tamén levará un coloquio sobre o tema neste horario.
- 11:00h | Decisións que salvan vidas, que facer cando encontras un animal en apuros?: María González falará sobre a maneira de actuar e os primeiros auxilios básicos en casos de perigo ou accidentes con animais.
- 12:00h | Cociñando a dúas mans: tradición con moito sabor: Maku Moreno (@makumorenoo) e Míriam Fabá farán unha mostra culinaria de tradición e innovación vegana.
- 13:00h | Alimentación consciente: o primeiro paso cara a unha forma para comer máis saudable e sostible : Adriana Fervi (@adriana_nutricion) dará unhas claves para aqueles que estén pensando en comezar unha dieta vegana.
- 14:00h | Impulsando a transición so sistema alimentario a gran escala coa iniciativa ‘Plant Based Treaty’: Juan Pablo Casadiego falará desta iniciativa e as accións reais que se poden levar para cambiar o sistema alimentario a nivel de países.
- 15:00h | O futuro é vegano e durme no teu sofá: nutrición para cans e gatos: Carla Aparicio, de PinkPeas, falará sobre cómo se pode integrar unha dieta vegana para os animais domésticos.
- 16:00h | Entrando na despensa de El Piso Vegano con Koro: os creadores de contidos de receitas vexetais, Rubñen Contreras e Francesca Rubertí (@elpisovegano) farán un repaso dos ingredientes e recursos da súa despensa xunto á marca Koro.
- 17:00h | Repensando a alimentación: como creamos produtos que incomodan á industria: Marc Colomia falará sobre a Heura Foods (marca comercial) é a alternativa vexetal á carne.
- 18:00h | Máis de 300 gramos de proteína vexetal en 4 receitas doadas e rápidas: o cociñeiro Yoel Ballega (@yoelvegan) ensinará catro platos distintos con proteína vexetal.
- 19:00h | Bingo Solidario: pecha o día e o evento, de novo, o bingo cun prezo simbólico de 2€ no que se poden gañar unha variedade de premios e os fondos recadados serán para apoiar o traballo das entidades participantes.
Actividades e obradoiros
- 10:30h | Ioga para adultas: outra clase máis de Uxía Fernández, para a que só hai que levar unha esterilla propia.
- 12:30h | Obradoiro de bordado: Lara Ingelma (@lachicadelacinta) impartirá este taller de bordado clásico. Estes obradoiros requiren dunha entrada a maiores do abono sa feira, es os seus ingresos son íntegros para ás asociacións e santuarios de animais que participan no evento.
- 13:00h | Sinatura Veganeando: 80 recetas fáciles, saludables y caprichosas: Míriam Fabá volta o domingo para asinar o seu libro de receitas veganas.
- 14:00h | Sinaturas de varios libros: Mery Ocaña, autora de Cambiando el paso e El sueño de Dolfi estará asinando xunto a Rocío Cano, autora de Criar también es política.
- 17:30h | Obradoiro de creación de botiquín natural para toda a familia: Rebeca Carreiro (@espazobenestar) ensinará aos asistentes cómo se pode compoñer un botiquín de emerxencia son compoñentes naturais.
Para nenos
- 11:00h | Obradoiro de Circo con Atípico Circo
- 12:00h | MiniVegan Chef, obradoiro de cociña con Saborearte
- 13:00h | Obradoiro de papel de sementes con DOA Saúde Mental
- 15:00h | Obradoiro de arxila e elementos naturais con Mapis
- 16:00h | Obradoiro de xabóns con Esveco
- 17:00h | Horta Sostible: reutilización de elementos de refugallo para o seu uso na horta coa Axencia Ambiental
- 18:00h | Ioga para a familia con Uxía Fernández de Bailalúas Centro de Yoga
Para empresas
- 11:00h a 12:30h | Consultoría 360 con Susana Pérez: iniciativa de Mardy Bum A eira das Ideas.
Preme aquí para ver os distintos abonos e entradas (acceso gratuito aos menores de 12 anos)

