UnitedWom, a app coa que aprender e compartir en comunidade
UnitedWom é unha app gratuíta creada en setembro deste ano na que conectar con outras mulleres, aprender con elas e compartir coñecementos e opinións nunha contorna amable e de comunidade. En definitiva, crear redes entre mulleres, facilitando o acceso destas a diferentes tipos de actividades de lecer: deporte, cultura, coidado da mente, formación…

Detrás de UnitedWom hai un grupo de mulleres que viviron diversas etapas nas súas vidas, algunhas duras e outras felices. A viguesa María Veiga é unha das tres creadoras desta app gratuíta, pioneira no Estado, e feita para mulleres. Os obxectivos son varios: axudar a tecer redes, facilitar o acceso a certas actividades de lecer e dar a coñecer negocios da contorna. Dentro desta aplicación, dispoñible para Android e iOS, a usuaria pode propoñer actividades ou sumarse aos plans das demais, que poden ser persoas e empresas, e que poden ter que ver con actividades deportivas (pádel, sendeirismo…), co coidado da mente (mindfulness, ioga, meditación…), coa maternidade ou con actividades culturais e de ocio: «Existen moitas aplicaciónspara ligar, pero non para Facer plans xuntas e crear novas experiencias», explica a cofundadora.
A medida que pase o tempo as súas fundadoras agardan que a comunidade medre e que cada vez a app ofreza máis alternativas, como eventos exclusivos, viaxes, idiomas… Na web existe un apartado dirixido aos negocios colaboradores (partners) para que publiquen a través desta vía as súas actividades ou ben descontos nalgúns dos seus servizos. Tamén hai outra sección de Embaixadoras dirixido a todas aquelas mulleres que queiran colaborar de xeito activo co proxecto. Doutra banda, ademais de plans, desenvolveron recentemente a opción de crear unha historia dentro da app. Con isto, as usuarias poderán charlar dos temas que queiran e interactuar creando comunidade.
Moitos son os cambios polos que pode pasar unha muller ao longo da súa vida: descubrimento dunha nova vocación, cambios de residencia, a xubilación, a maternidade, a menopausa, cambios nos desexos, pretensións e expectativas vitais… UnitedWom funciona como punto de encontro directo para todas esas mulleres que queren mudar a rutina e coñecer xente nun círculo amable e de comunidade. Un espazo para pertencer e conectar desde os valores da amizade, o respecto e a sororidade. O apoio e a unión son alicerces que sustentan esta innovadora proposta con selo feminino e local.
unitedwom.com | hola@unitedwom.com | @unitedwom
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Novidades musicais viguesas para o primeiro trimestre do ano - 10 Marzo, 2026
- ‘As liñas descontinuas’ de Anxos Fazáns leva Vigo á gran pantalla - 23 Febreiro, 2026
- DGO: pendentes de ti - 9 Febreiro, 2026
- Mussa – The Pilates Center: terapeutas do movemento - 9 Febreiro, 2026
- Empezar o ano con bo pé: cinco centros onde coidar o noso corpo - 9 Febreiro, 2026

