Unha vintena de concertos en Vigo neste 2026
Para que non nos colla a noite, recompilamos unha vintena de concertos que pasarán por Vigo no próximo semestre. Atopamos grandes nomes internacionais e artistas locais, músicos estatais asentados e outras propostas emerxentes menos coñecidas. Desde grandes recintos a salas pequenas, hai propostas para todos os gustos.

30/01 FÓRMULA V | Mar de Vigo
Grupo histórico do pop español dos anos 70, coñecido por cancións pegadizas e moi populares como ‘Eva María’.
30/01 RUBÉN POZO | La Fábrica de Chocolate
Cantautor madrileño, exintegrante de Pereza, cun son rock urbano moi persoal e letras directas.
05/02 SANTIAGO MOTORIZADO | Mondo Club
O líder da famosa banda arxentina Él Mató a un Policía Motorizado visita Vigo en solitario.
07/02 ZENET | Teatro García Barbón
Artista inclasificable que mestura copla, jazz e música latina cun estilo elegante e moi teatral.
14/02 JEANETTE | Mar de Vigo
Cantautora icónica do pop melancólico en español, famosa por temas eternos como Porque te vas.
26-27/02 LUZ CASAL | Teatro García Barbón
Unha das grandes voces da música española, con carreira internacional e un repertorio cheo de emoción e forza.

07/03 TRISTÁN! | Radar Estudios
O artista madrileño, con pouco máis de vinte anos, é unha das revelacións musicais do 2025.
07/03 BARRY B | Sala Rouge
O músico de Aranda de Duero é un dos referentes da nova onda de pop rock a nivel estatal.
07/03 AMANCIO PRADA | Teatro García Barbón
Músico leonés fundamental na musicalización da poesía, especialmente de autores como Rosalía de Castro.
14/03 NON TALKERS | Mar de Vigo
Fusión de indie folk con influencias de rock e folk clásico.
15/03 JETHRO TULL | Mar de Vigo
Grupo británico lendario do rock progresivo, recoñecible pola frauta de Ian Anderson e o seu son único.
21/03 THE BLOYET BROTHERS | Sala Rebullón
Trío de rock e blues eléctrico de riffs potentes e directos cargados de enerxía.
27/03 ALIZZ | Mondo Club
Un dos artistas e produtores máis relevantes da música estatal na última década.
10/04 DIRTY SUC | Mar de Vigo (hall)
Rapeiro vigués de gran relevancia na escena da música urbana
10/04 ÁNGEL STANICH | Mondo Club
O músico de indie folk presenta o seu novo disco Por la hierba.

11/04 DEADLETTER | Mondo Club
Grupo post-punk de son escuro e contundente, con claras influencias da escena británica actual
11/04 ANDY | Mar de Vigo
Primeira visita de Andy a Vigo en solitario tras a soada ruptura de Andy & Lucas.
18/4 PABLOPABLO | Masterclub
Músico e produtor novo que destaca polo seu pop experimental e unha sensibilidade moi contemporánea.
10/05 ARA MALIKIAN | Mar de Vigo
O famoso violinista volve a Vigo co seu novo show Instruso.
16/05 MOONSHINE WAGON | Sala Transylvania
Banda de bluegrass e folk-punk cun directo salvaxe e festivo, coñecida pola súa enerxía desbordante.

23/05 OBK | Teatro García Barbón
Dúo pioneiro do tecno-pop español dos 90, responsables de grandes éxitos do pop electrónico. Actualmente o proxecto está liderado só por Jordi Sánchez.
03-04/07 LEIVA | Peirao de transatlánticos
Un dos artistas máis famosos a nivel estatal volve a Vigo, esta vez ao peirao, cunha dobre data que xa está esgotada.

Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- DGO: pendentes de ti - 9 Febreiro, 2026
- Mussa – The Pilates Center: terapeutas do movemento - 9 Febreiro, 2026
- Empezar o ano con bo pé: cinco centros onde coidar o noso corpo - 9 Febreiro, 2026
- Faro Cómics: un novo espazo para a banda deseñada ilumina Camelias - 6 Febreiro, 2026
- Unha vintena de concertos en Vigo neste 2026 - 28 Xaneiro, 2026



