Unha trintena de concertos internacionais que ver en Galicia nos próximos meses
O verán é, posiblemente, a época do ano na que máis música en directo consumimos. Non só en festivais: aínda que en menor medida, as salas e teatros seguen a programar e xorden numerosos ciclos, festas e pequenos festivais con programacións do máis interesantes. A continuación recompilamos algúns dos concertos de artistas internacionais que vistan Galicia nos próximos meses.

21/06 – Temples en Carballo (Rockin’ Carballo)
Banda británica de pop rock psicodélico.
21/06 Porridge Radio en Mondo (Vigo)
Banda británica de indie rock que está a relizar a súa xira de despedida.
22/06 The Lemon Twigs na Capitol (Santiago)
Grupo de pop sesenteiro encabezado polos irmáns Brian e Michael D’Addario.
24/06 The Alan Parsons Project no Palacio da Ópera (A Coruña)
Grupo formado en 1975, referente no ámbito do rock progresivo e rock sinfónico.
25/06 Andrés Calamaro no Palacio de Congresos (Santiago)
O polémico cantautor arxentino regresa a Galicia no 25 aniversario do disco de culto El Salmón.
26/06 Nikki Hill na Capitol (Santiago)
A estadounidense é unha das grandes voces do soul e R&B actual.
27/06 The Dead Kennedys en Playa Club (A Coruña)
Banda estadounidense fundada na década dos setenta. Unha das máis relevantes e influíntes do punk. Desde o inicio do século XXI xiran sen Jello Biafra, cantante orixinal do grupo.
04/07 Elíades Ochoa no Teatro Colón (A Coruña)
Lenda da música cubana e membro do icónico grupo Buena Vista Social Club.
05/07 Maná no Monte do Gozo (Santiago)
Os mexicanos son unha das bandas de pop en castelán máis recoñecidas e exitosas dos últimos trinta anos.
06/07 David Guetta no Monte do Gozo (Santiago)
O DJ francés volve a Galicia, nesta ocasión á noite dedicada á electrónica do Gozo Festival.
08/07 Jennifer Lopez no Parque de Tafisa (Pontevedra)
A estrela do pop inicia a súa xira española en Pontevedra.
09/07 Alanis Morissette no Coliseum (A Coruña)
O seu terceiro disco, Jagged Little Pill (1995), publicado hai trinta anos, alzou á compositora canadiense como unha das artistas máis famosas do mundo, vendendo millóns de copias e logrando varios Grammys.
09/07 Gringo Star en Radar (Vigo)
A banda estadounidense regresa a Vigo, tras tocar na Kominsky hai uns anos, cun novo disco baixo o brazo.
10/07 Dead Poet Society na Masterclub (Vigo)
Grupo estadounidense de rock cun directo moi potente.
10/07 Toquinho e Camilla Faustino no Mar de Vigo (Vigo)
A lenda brasileira da baossa nova chega a Vigo acompañado pola voz de Camilla Faustino.
11/07 Bright Eyes na Capitol (Santiago)
O seu disco I’m Wide Awake, It’s Morning, que fai vinte anos este 2025, é unha referencia ineludible do indie folk deste século.
12/07 The Waterboys en ExpoOurense (Ourense)
A banda británica formada en 1983 por Mike Scott mestura elementos do folk celta co rock’n’roll.
17/07 Gente de Zona en Castrelos (Vigo)
Dúo cubano de salsa e reguetón famoso polo tema ‘La gozadera’.
18/07 Trueno en Castrelos (Vigo)
O rapeiro arxentino Trueno comezou moi novo nas batallas de galos e agora é un dos referentes do xénero en hispanoamérica.
21/07 Wolfmother na Capitol (Santiago)
Unha das bandas de rock australianas máis famosas e potentes.
21/07 The Black Keys en Castrelos (Vigo)
Unha das bandas de rock estadounidenses máis salientables das últimas décadas. O único concerto de rock este ano en Castrelos.
29/07 Natalia Lafourcade no Palacio de Congresos (Santiago)
A polifacética artista mexicana é unha das compositoras de fala hispana máis destacadas dos últimos anos.
30/07 Kate Clover no Mardi Gras (A Coruña)
Xa vimos hai uns anos na Sala Kominsky do que era capaz esta artistas de punk rock orixinal de Los Angeles.
31/07 Lionel Ritchie no Coliseum (A Coruña)
O seu currículo é inabarcable: membro do grupo da Motown Commodores, autor dalgunhas cas cancións máis famosas da historia (‘Endless Love’, na que canta con Diana Ross), un dos artistas con máis discos vendidos de todos os tempos (máis de 100 millóns), ideólogo do ‘We are the World’ e gañador de numerosos recoñecementos.
03/08 Jason Derulo en Castrelos (Vigo)
O estadounidense de orixe haitiano é unha fábrica de hits de pop bailable.
15/08 UB40 ft. Ali Campbell en Castrelos
Tras cancelar a súa actuación o pasado verán, o cantante da clásica banda de reggae UB40 chega a Castrelos.
19/09 Carminho no Palacio da Opera (A Coruña)
A intérprete portuguesa explora novas combinacións dentro dos canons, repensando as fórmulas clásicas do fado.
23/09 Dr. Feelgood na Capitol (Santiago)
Unha das bandas máis representativas do movemento pub rock da década dos setenta en Inglaterra. O seu estilo influíu posteriormente no nacemento do punk.
23/09 Yazz Ahmed e Ralph Wyld no Jazz Filloa (A Coruña)
A sacerdotisa do jazz arabe psicodelico actua co vibrafonista Ralph Wyld.
25/09 Kevin Johansen e Liniers en Santiago
O musico arxentinoestadounidense, acompañado polo ilustrador arxentino, actuará en Santiago, sala por confirmar.
02/10 Tommy Castro na Garufa (A Coruña)
Músico estadounidense de rock, blues e R&B.
11/10 Jethro Tull en Ourense
Banda pioneira dentro do rock progresivo, que leva en activo desde 1967 co cantante e frautista escocés Ian Anderson á cabeza.
12/10 Duki no Coliseum (A Coruña)
Refente da música urbana arxentina.
24/10 Robert Finley na Capitol (Santiago)
Músico estadounidense e cego de 71 anos que publicou o seu primeiro disco en 2016. Pouco despois coñece a Dan Auberbach, dos Black Keys, e grava un novo disco baixo o seu mando.