Unha trintena de artistas atracan no Mar de Vigo da man de VARCO
Este xoves inaugurouse VARCO, unha feira artística que ten lugar durante toda a fin de semana no hall do auditorio Mar de Vigo. Haberá música, talleres, coloquios e numerosos postos onde os propios artistas, un total de 31, explicarán o seu traballo aos visitantes.
O auditorio Mar de Vigo acollerá do 12 ao 15 de decembro VARCO (Vigo Arte Contemporánea), un gran evento arredor da arte que busca converterse nunha das grandes referencias no noroeste da península. Un dos principais acenos de identidade de VARCO será a interacción directa dos artistas co público, que poderán adquirir obras de arte únicas sen ningún tipo de intermediarios e poder coñecer e falar das obras cos artistas, que durante eses días estarán alí para compartir a súa experiencia cos visitantes.
Máis de 30 artistas estarán presentes na primeira edición de VARCO, cuxa programación se complementará con actuacións musicais, conferencias, talleres, coloquios e gastronomía. O epicentro da feira estará no hall do auditorio Mar de Vigo, onde estarán situadas casetas con obra de artistas plásticos recoñecidos como os pintores José María Barreiro, Antón Sobral, Chelo Rodríguez ou Alfonso Costa, xunto con artistas doutras disciplinas como o fotógrafo Xulio Gil ou o escultor Iván Prieto. VARCO é unha feira multidiscplinar e interxeracional, na que tamén se poderá adquirir obra de artistas máis novos como a ceramista Lili Algo.
VARCO é unha iniciativa extraordinaria que busca ser un escaparate para o talento, sobre todo de moitos artistas de Vigo, e é unha aposta que chega para quedar. É unha interesantísima alternativa para que as miles de persoas que visiten a cidade en decembro teñan outras alternativas atractivas e poidan, por exemplo, adquirir unha obra de arte viguesa. É unha oportunidade de adquirir unha obra, interactuando directamente co artista, aberto a todo tipo de público”, explicou a comisaria do evento, Eva López Tarrío, destacando que esa é a “gran singularidade de VARCO”.
Música
A arte mostrarase en VARCO nas súas diferentes formas. Unha delas é a música, coas actuacións en directo de La Buena Vida o sábado ás 12:30 e de Frans Banfield o domingo á mesma hora.
Talleres
VENRES – 16.00 horas – 17.00: Conferencia “Las Outras”. Paula Marino.
SÁBADO – 10.00 horas – 11.30: Taller “Escuela de profes“. Alberto Santos
SÁBADO – 16.00 horas -17.00: Taller “Pintura con espátula”. Diana Cordero
DOMINGO – 10.00 horas – 10.45: Taller “Pintura en seda”. Isabel Pintado.
Horarios
VENRES: apertura ás 17.00
SÁBADO:11.00 -23.00
DOMNIGO:11.00 – 15.00
Artistas
A lista de artistas presentes na feira é a seguinte:
- JOSÉ BARREIRO
- CHELO RODRÍGUEZ
- ALFONSO COSTA
- PAULA MARIÑO
- TATIANA LAMEIRO
- ROSA GARCÍA
- RICARDO CAMPOS (país convidado, Portugal)
- X. A. CASTRO
- A. SOBRAL
- EVA TARRÍO
- XULIO GIL
- IRIA BLANCO
- TINO CANICOBA
- CARMEN HERMO
- DIANA CORDERO
- RUTH LODEIRO
- YOLANDA CARBAJALES
- AINOA SIMONS
- ALBERTO SANTOS
- IVÁN PRIETO
- ABRAHAM ALONSO
- LILI ALGO
- NOA BLANCO
- JOSE MOLARES
- CRISTINA FERNÁNDEZ NÚÑEZ
- MARCOS PUHINGER
- ALBERTO PENA
- ISABEL PINTADO
- ÁVILADURÁN
- SOLEDAD PITE SANJURJO
- CAMILO SEIRA