Únete ao Club Amovidalovers para gozar dun encontro con The Rapants

O próximo martes 7 de xullo ás 20:00 h celebramos con The Rapants un encontro exclusivo na Fundación Sales. A entrada é gratuíta pero as persoas subscritas a A Movida teñen prioridade a hora de realizar a reserva.

Dede A Movida organizamos un encontro coa banda muradá no que falaremos do seu cuarto disco ‘Rapants Club e de como preparan o seu próximo concerto no Auditorio de Castrelos. Será un evento cheo de sorpresas, que terá lugar no precioso xardín da Fundación Sales (Avenida de Europa, 52) a partir das 20:00 h.

Aínda que o evento é gratuíto, para poder acceder é necesario reservar praza a partir do luns 29 de xuño. As persoas subscritas a A Movida terán prioridade á hora de inscribirse, por iso se queres garantir a túa praza (e a dun acompañante) subscríbete antes desa data nesta ligazón.

Este é o segundo evento que realizamos para Amovidalovers neste 2026. O primeiro foi unha ‘Tertúlia’ con Fillas de Cassandra en La Luthería o pasado mes de abril. Un encontro precioso no que María Soa e Sara Faro compartiron conversa, risos, inquedanzas e ata cancións co público presente. Aquí un breve resumo.

Ademais ao subscribirte a A Movida recibirás cada mes a revista na túa casa e gozarás de moitísimas ventaxas como sorteos de entradas para eventos culturais e descontos e promocións en tendas e restauranets de Vigo e bisbarra.

A Movida é un medio de comunicación independente. Coa túa subscrición estarás axudando a que poidamos seguir facendo xornalismo cultural e en galego na cidade de Vigo. Por só 30,00 € ao mes axudarás a que sigamos traballando por construír unha cidade culturalmente máis activa. Subscríbete aquí.