Underfest, ‘Corta el cable rojo’ ou escoita a guitarra de Al Di Meola esta fin de semana en Vigo

Hai máis cousas en Vigo que luces de Nadal. A comedia teatral chega ao García Barbón con Corta el Cable Rojo, o teatro musical tamén ten o seu lugar no Mar de Vigo co musical de Romeo y Julieta. Senón tamén tes unha gran oferta musical, co guitarrista Al Di Meola ou cunha noite de funk salvaxe da man de La Yuca e Tangomango.

Underfest – Venres 14 e sábado 15 en distintos puntos – Varios Prezos

Underfest Xacobeo completa o seu ambicioso cartel de 2025 sumando destacados nomes internacionais e estatais, ademais do mellor talento galego. A 8ª edición conta con figuras de renome da escena internacional como os lendarios The Psychedelic Furs, os franceses Tahiti 80, ademais de proxectos de referencia no panorama estatal como Chucho, propostas frescas e rupturistas como Paco PecadoLos ManisesNestter Donuts ou Vacaciones Permanentes.

Corta el cable rojo – Venres 14 ás 20:30h no Teatro García Barbón – Desde 13,80 €

Corta el Cable Rojo é unha comedia excepcional que conquistou o corazón do público co seu enxeño, humor contaxioso e números cómicos espectaculares. Combina música cativadora creada en directo e proxeccións deslumbrantes, cada número cómico é un derroche de creatividade e humor que mantén o público nun estado de ledicia e asombro constante.

Cuarteto Dumka – Venres 14 ás 20:00 h na sala Ártika – Desde 11,00 €

O Dumka Quartet chega ao ambigú da Sala Ártika dentro do I Ciclo CamarÁrtika cun concerto que amosa a excelencia e sensibilidade dun dos cuartetos de corda máis recoñecidos de Galicia. Cun repertorio clásico e unha traxectoria sólida, ofrecen unha experiencia musical íntima e refinada que celebra a beleza e a tradición da música de cámara.

Romeo y Julieta O Musical – sábaso 15 ás 17:00h e ás 20:30 h no Mar de Vigo – Desde 40,00 € 

A adaptación teatralizada e musicada do clásico de Shakespeare. Un espectáculo para todos os públicos no Auditorio Mar de Vigo. Terá o mesmo día dúas funcións: ás 17:00h e ás 20:30h. Pode ser unha oportunidade de acercarse ao teatro nun formato moito másia accesible e para toda a familia.

La Yuca & Tangomango – Sábado 15 ás 20:30h na Sala Supersonic – Desde 15,00 €

A Sala Supersonic acéndese con dúas das bandas máis potentes da cidade: LA YUCA & TANGOMANGO. Psicodelia, cores, groove, baile e pura tolemia en escena. Unha noite para mover o corpo, sentir a vibra e deixarte levar polo funk no seu estado máis salvaxe.

Olivier Martin – Sábado 15 ás 20:30h no Vitruvia Café – Desde 13,50 €

Olivier Martin é un cantautor australiano-español afincado entre Vigo, Londres e Melbourne. A súa música mestura o pop-rock acústico con melodías íntimas e evocadoras. Aos dezanove anos, Martin deixou os estudos e regresou a Vigo, na procura daquela primeira chispa, pero o soño xa mudara. Desta vez o Vitruvia será o lugar do show de lanzamento do novo single e adianto en directo do próximo álbum con banda completa.

Fanfarria Taquikardia e Feral Booty – Sábado 15 ás 21:00 h na Sala Rebullón – Desde 10,00 €

Fanfarria Taquikardia é unha banda esporádica formada por músicos das Rias Baixas. O grupo, con 13 integrantes, define o seu son como unha festa trepidante con fortes influencias da música balcánica e klezmer. Xunto a Feral Booty un colectivo cambiante de mutantes que regresan a esta líña temporal para tocar a música folk tradicional do inferno radiactivo que é o noso futuro, prometen unha noite de espectáculo curiosa e única.

Momentos Alhambra Acustiquísimos: Marlena – sábado 15 ás 21:30 h no Teatro Afundación – Entradas esgotadas

Regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos. Na cita de Vigo contan con Marlena, o dúo revelación da música española dos últimos tempos, abrirá o ciclo en Vigo en acústico. Veñen para mover ao público a ritmo de exitosos temas como Me sabe mal, xa dobre disco de platino, Gitana, Muñequita de cristal, bailamorena ou Último baile.

Media maratón LA21 – Domingo 16 ás 11:00 h desde As Avenidas (Náutico de Vigo) – Prazas esgotadas

A edición 27 desta carreira homologada volve con 1000 participantes, desde atletas federados ata aficionados, nun percorrido desde o Náutico ata O Vao. Desta vez hai protagonismo para Mauri, o neno de 3 anos que loita contra a enfermidade de Alexander, un trastorno xenético e neurodexenerativo que afecta ao sistema nervioso central. Non hai falta participara para doar e axudar nesta causa solidaria.

Al Di Meola – domingo 16 ás 20:00 h no Teatro García Barbón – Desde 32,00 €

REVISTA NADAL

Al Di Meola é un dos grandes guitarristas do noso tempo, cun currículo ao alcance de poucos, e o 16 de novembro chegará a Vigo para un concerto moi especial no Teatro García Barbón. A súa exitosa traxectoria abarca xa máis de catro décadas, onde o músico norteamericano acumula, entre outros logros, catro discos de ouro, dous de platino e máis de seis millóns de discos vendidos en todo o mundo.