Vigo homenaxea a Domingo Villar polo Día do Libro

Vigo celebra o Día do Libro cun programa de lecturas, narración oral e faladoiros entre o 23 e o 25 de abril. A programación inclúe unha homenaxe a Domingo Villar e pon o foco na tradición literaria e editorial da cidade.

Domingo Villar | Foto: Pablo Vázquez

Vigo celebrará o Día do Libro cun programa de actividades concentrado nos días 23, 24 e 25 de abril, que inclúe lecturas públicas, encontros con escolares, narración oral e faladoiros con autores. A programación incorpora ademais unha homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar, falecido en 2022.

MILLO VERDE

O programa incide no papel de Vigo como un dos centros da literatura galega contemporánea. A cidade foi un punto clave no desenvolvemento editorial desde o século XIX, coa actividade da imprenta de Juan Compañel durante o Rexurdimento, e mantén na actualidade unha importante concentración de editoriais. Ademais Vigo é escenario habitual de ficción, especialmente na novela negra e policíaca, como a saga protagonizada polo inspector Leo Caldas.

O programa do Día do Libroinclúe encontros con escolares, lecturas públicas, contacontos música e faladoiros con autores e autoras, ademais de sesións de narración oral e intervencións artísticas en directo. A proposta incorpora tamén un faladoiro dedicado á poesía e outro centrado no diálogo entre narradores e narradoras sobre o oficio de escribir e ler, xunto con accións de lectura pública vinculadas á figura de Domingo Villar. As actividades desenvolveranse na Praza de Compostela, a Biblioteca Neira Vilas e a Casa Galega da Cultura, cunha programación que combina público infantil e adulto.

Programa:

Xoves 23 ás 11:30 h na Praza de Compostela – Encontro de escolares ante a escultura de Domingo Villar. Alumnado de 6ª de Primaria que lerá textos.

Xoves 23 ás 17:30h na Praza de Compostela – Lectura pública de textos literrarios diante da escultura de Domingo Villar, nun acto non que soará a música da agrupación Son das Flores. O evento está aberto a participación de toda a cidadanía, cada participante disporá de cinco minutos diante do micrófono para ler un texto da literatura galega, española e universal.

Venres 24 ás 19:30 horas na Biblioteca Neira Vilas – Contos Dakí, unha sesión especial de contos para público adulto con Cris de Caldas, que presenta ou seu espectáculo De amor, sexo e morte.

Venres 24 ás 20:00 h na Casa Galega da Cultura – Faladoiro de narradoras e narradores Por que escribimos? Por que lemos? Por que amamos os libros?. Participan Pedro Feijóo, Guada Guerra e An Alfaya e modera Francisco Castro. Durante o acto, a ilustradora Kristina Sabaite realizará unha obra pictórica diante do público.

Sábado 25 ás 12:00h na Casa Galega da Cultura – Faladoiro de poetas Escribir poesía, ler poesía, ser poetas. Participan Silvia Penas, Samuel Merino e Román Raña. Modera: Xina Vega.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.