Un outono violeta: obradoiros, club de lectura, presentacións de libros e faladoiros feministas
O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo vén de publicar o programa de actividades que se desenvolverá entre setembro e decembro no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, situado no segundo andar da Biblioteca Pública Juan Compañel.

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Servizos: consulta en sala, préstamo a domicilio, asesoramento documental, actividades de extensión cultural, etc.
O Centro acollerá clubes de lectura, faladoiros, proxeccións, obradoiros de escrita creativa feminista e presentación de libros. Todas as actividades son gratuítas e só é preciso inscribirse para asistir aos clubes de lectura e o obradoiro de escrita creativa. A inscrición realízase cubrindo a ficha dispoñible na web de Igualdade Vigo e enviándoa a centro.documentacion.feminista@vigo.org.
Para calquera dúbida en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista no seguinte horario: luns e venres, de 10:30-13:30; e de martes a xoves, de 16:00-20:30. Teléfono: 986 436 441.

Obradoiros na Casa da Muller
Ademais da programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas, tamén está aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades formativas de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) durante o período comprendido entre o mes de setembro ao mes de decembro de 2025.
OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”
- Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar. Non se precisa cantar “ben”.
- Datas: os luns, do 22 de setembro ata o 22 de decembro (agás o 8 de decembro).
- Horario: de 18:00 a 20:00.
OBRADOIRO “TEATRO COMUNITARIO”
- Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
- Datas: os mércores, do 24 de setembro ata o 17 de decembro.
- Horario: de 18:30 a 20:30.
FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL
- Destinado a: mulleres e homes maiores de idade con perfil profesional nos eidos sociais e de educación (formal e non formal).
- En liña en directo, a parte teórica (20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposición dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos…
- Presencial, as sesións prácticas que supoñen unha carga lectiva de 5 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) os días 21 de outubro e 6 de novembro.
- Calendario: os martes e os xoves do 7 de outubro ata o 6 de novembro de 19:00 a 21:30.
OBRADOIRO “MULLER E SEXUALIDADE”
- Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
- Datas: os martes, do 7 de outubro ata o 11 de novembro.
- Horario: de 18:00 a 20:00.
OBRADOIRO “FOTOGRAFÍA CREATIVA CO TELÉFONO MÓBIL”
- Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos no manexo do móbil.
- Datas: os venres, do 3 ata o 31 de outubro.
- Horario: de 18:30 a 20:30.
OBRADOIRO “TRÁMITES COA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DESDE O TELÉFONO MÓBIL”
- Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos no manexo do móbil.
- Datas: os venres, do 7 ata o 21 de novembro.
- Horario: de 18:30 a 20:30.
Proceso de inscrición:
- Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición ( DESCARGAR). O curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social ten unha ficha específica (DESCARGAR).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org.
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

