Últimos quilómetros de 2026: as carreiras que aínda quedan na provincia de Pontevedra
O verán remata, pero ao calendario runner da provincia de Pontevedra aínda lle quedan moitos quilómetros por diante. Carreiras populares, medias maratóns, trails, probas de obstáculos ou citas solidarias sucederanse practicamente cada fin de semana desde finais de agosto ata ben entrado decembro, con opcións tanto para quen busca competir como para quen simplemente quere desfrutar do percorrido por escenarios moi diferentes, desde as praias de Nigrán e os montes de Vigo ata tramos do Camiño de Santiago e distintos puntos da costa das Rías Baixas.

Nesta guía reunimos unha ampla selección das carreiras xa confirmadas na provincia de Pontevedra para o que resta de 2026. Ollo, pois as citas do calendario poderán aumentar de cara a decembro, polas tradicionais San Silvestres.
Agosto
- XV Nigrán Area | Nigrán | 30 de agosto: a carreira pola area percorre as praias de Panxón e Praia América cunha proba absoluta de 5 km e categorías para os máis pequenos. Inscríbete aquí.
Setembro
- Vialia Sunset Race | Vigo | 5 de setembro: nova carreira urbana de 8 km con saída e meta en Vialia Estación de Vigo ás 20:30 horas, pensada para correr ao solpor e cun ambiente máis festivo do habitual, con DJ en meta, photocall, premios e avituallamento final. Parte da recadación destinarase á Asociación Érguete. Inscríbete aquí.
- VII Trail da Carixa | Vila de Cruces | 5 e 6 de setembro: fin de semana de trail na praia fluvial da Carixa cun percorrido principal de 22 km, relevos, carreira por parellas, andaina e Pequetrail. Inscríbete aquí.
- 10K e 5K Alfonso Moro | Vigo | 13 de setembro: dúas distancias de 10 e 5 km, esta última baixo o nome Una carrera para Mauri, ademais de probas infantís. Inscríbete aquí.
- Xtrema A Feira | Salceda de Caselas | 13 de setembro: carreira de obstáculos de 9 km polos montes de Santa María con barro, auga, troncos e diferentes probas que os participantes deberán superar. Inscríbete aquí.
- 21K Costa de Soavela – Costa da Vela | Cangas | 13 de setembro: media maratón con saída desde o peirao de Aldán e 500 prazas, acompañada dunha andaina de 15 km. Inscríbete aquí.
- Correndo no Camiño 21K | Pontevedra–Caldas de Reis | 19 de setembro: nova media maratón que parte da ponte do Burgo e segue o Camiño de Santiago durante 21 km combinando asfalto e terra. Inscríbete aquí.
- Entre Pontes 10K A Illa–Vilanova | A Illa e Vilanova de Arousa | 20 de setembro: primeira parada do novo circuíto provincial, cun 10K cronometrado e gratuíto acompañado de andaina e carreiras infantís. Actualmente soamente quedan prazas para a modalide infantil. Inscríbete aquí.
- Asaltamontes Female | A Lanzada, O Grove | 27 de setembro: carreira de resistencia exclusiva para mulleres na que equipos de catro corredoras teñen cinco horas para completar o maior número de voltas a un circuíto de 2 a 3 km. Contan con actividades previas durante a fin de semana, comezando o 25 de setembro. Inscríbete aquí.
- XXV Carreira Popular Festa do Marisco | O Grove | 27 de setembro: a proba deportiva vinculada á Festa do Marisco celebra a súa 25ª edición polas rúas do Grove. Inscríbete aquí.
- XIII 15K do Atlántico Banco Mediolanum | Oia–O Rosal–A Guarda | 27 de setembro: 15 quilómetros xunto ao Atlántico atravesando tres concellos do Baixo Miño, con alternativa Mini 15K de 7,5 km e andaina. Inscríbete aquí.
Outubro
- XXVII Milla Urbana San Miguel de Marín | Marín | 3 de outubro: a histórica milla urbana marinense regresa cun percorrido de 1.609 metros e probas para diferentes categorías. Inscríbete aquí.
- 2ª Redondela Backyard Ultra | Cabeiro, Redondela | 3 de outubro: reto de resistencia no que hai que completar un circuíto de 6,706 km cada hora e continuar volvendo á saída ata quedar sen rivais. Inscríbete aquí.
- Desafío Boot Camp | Samil, Vigo | 4 de outubro: carreira de obstáculos de entre 6 e 7 km e arredor de 30-35 probas, con modalidades competitivas, populares, por equipos e infantís. Inscríbete aquí.
- Pontevedra en Marcha contra o Cancro | Pontevedra | 4 de outubro: proba solidaria duns 5,5 km, que se pode completar correndo ou andando desde a Praza de España para recadar fondos destinados á investigación contra o cancro. Inscríbete aquí.
- IV Carreira e Camiñada Solidaria de Leo | Meis | 4 de outubro: cita solidaria en Mosteiro cunha carreira absoluta de 5 km e participación tamén para categorías infantís. Inscríbete aquí.
- Entre Pontes Trail | Vigo | 12 de outubro: segunda parada de Entre Pontes, desta volta cun trail duns 14 km acompañado dunha andaina e carreiras infantís, todo con inscrición gratuíta. Inscríbete aquí.
- XLIV Gran Fondo Caixabank – XXVIII Medio Maratón – VII 10K | Pontevedra | 18 de outubro: unha das grandes citas do atletismo pontevedrés reúne nunha mesma mañá a media maratón e unha alternativa de 10 quilómetros. Inscríbete aquí.
- Carreira contra o Cancro Vigo 2026 | Vigo | 25 de outubro: a cita solidaria regresa ao calendario RunRunVigo para unir deporte e loita contra o cancro. Inscríbete aquí.
- Entre Pontes 10K | Gondomar | 25 de outubro: terceira xornada do circuíto provincial cunha carreira gratuíta de 10 km, ademais de andaina e probas para a rapazada. Inscríbete aquí.
Novembro
- Entre Pontes Trail | Cerdedo-Cotobade | 1 de novembro: cuarta parada do circuíto da Deputación cun trail duns 14 km e actividades complementarias para diferentes idades. Inscríbete aquí.
- XXVIII A21 Media Maratón de Vigo | Vigo | 15 de novembro: a media maratón viguesa regresa cun percorrido homologado de 21,097 km e integrada no calendario RunRunVigo. Inscríbete aquí.
- Entre Pontes 10K | Pontevedra | 22 de novembro: a capital provincial acollerá a quinta cita do circuíto cunha proba gratuíta de 10 quilómetros, andaina e carreiras infantís. Inscríbete aquí.
- Entre Pontes Trail | Moaña | 29 de novembro: o circuíto pechará a súa primeira edición no Morrazo cun trail duns 14 km aberto gratuitamente aos participantes. Inscríbete aquí.
Decembro
- XLVII Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través | Vigo | 6 de decembro: unha das probas históricas do atletismo vigués regresa cunha nova edición dedicada ao campo a través. Inscríbete aquí.
- XLIX Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia – VI Memorial Alejandro Gómez Cabral | Vigo | 13 de decembro: Oia acollerá a 49ª edición desta veterana cita de campo a través antes de despedir o calendario anual.



