CAMELIAS MASCOTAS

Últimos días para participar no concurso Xuventude Crea

Xuventude Crea é o certame de novos creadores que convoca anualmente a Xunta de Galicia coa finalidadade de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, e fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas seguintes especialidades: Artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. Os premios ascenden ata 3000€ por disciplina. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2022.

Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e ás súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.

Vai dirixido aos mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano de cada convocatoria, agás o establecido na parte específica de cada especialidade. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade. Salvo no caso das especialidades de arte urbana, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música e teatro, a participación será sempre a título individual.

A dotación económica dos premios por cada unha das especialidades é:

REVISTA NOVEMBRO
  • 1º premio: 3.000 euros
  • 2º premio: 1.500 euros
  • 3º premio: 1.000 euros

Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior. Ademais dos premios, a convocatoria prevé axudas económicas para as persoas participantes que accedan á fase final de determinadas especialidades e, o que é máis importante, as obras finalistas e premiadas terán a vantaxe de ser obxecto de difusión e promoción de forma que se fará visible o talento e a creatividade das súa persoas autoras.

Por todo o anterior, desde o 2010 ata a presente edición de 2022, neste programa participaron máis de 4.000 mozos e mozas, con 2.973 obras e proxectos creativos. Temos repartido 451 premios, por importe total de 649.000 euros, e 62 mencións de honra.

Consulta aquí as bases