Trilitrate, Los Pontiaks e French Riviera actuarán gratis en Play-Doc

O Play-Doc Festival Internacional de Documentales, que se celebra en Tui do 29 de abril ao 3 de maio, incorpora un ano máis unha programación musical paralela que complementa a súa proposta cinematográfica.

O festival, centrado no cinema documental de autor, inclúe concertos e sesións en directo en distintos espazos da cidade, con acceso libre na maioría dos casos. Con esta programación, Play-Doc reforza a súa oferta cultural en paralelo ás proxeccións, incorporando propostas musicais en directo en distintos espazos de Tui ao longo dos días do festival.

MILLO VERDE

O programa musical comeza o mércores 29 de abril ás 20:30 horas, o Teatro Área Panorámica acollerá o concerto de Trilitrate. O grupo galego, integrado por Rubén Abad (guitarra e voz), Elena Vázquez (violín), Marcos Padrón (acordeón) e Berto Lozano (visuais), presentará Está de Grelo, o seu terceiro traballo, no que mesturan influencias do folk, da música clásica e da contemporánea.

A programación continuará na madrugada do xoves 30 de abril no Cafe Central Tui, coa actuación de Los Pontiaks. A banda viguesa, formada en 2014, caracterízase por un estilo que combina surf, boogie, rock & roll dos anos 50, exótica e swing. A continuación, o DJ tudense Funkente ofrecerá unha sesión de electro funk.

O venres 1 e o domingo 3 de maio, ás 22:30 horas, a Iglesia de Santo Domingo acollerá dúas sesións de cinema mudo con acompañamento de piano en directo: El séptimo cielo e La pasión de Juana de Arco. O encargado da parte musical será o pianista e compositor portugués Filipe Raposo, especializado neste tipo de propostas e cunha traxectoria consolidada no ámbito europeo. A programación nocturna do venres 1 de maio completarase no Pub Amadeus Tui co directo ás 00:00 h de Phantomatic DJ e Abel Trigo, que presentan un formato que combina música electrónica con voz e guitarra en directo.

O sábado 2 de maio ás 00:00 h, La Burbuja Bar Tui acollerá o concerto de French Riviera, un proxecto centrado na estética sonora dos anos oitenta, con presenza de sintetizadores e influencias do funk e da música disco. A xornada pecharase coa sesión da DJ viguesa Risky Romi, habitual da escena electrónica galega e portuguesa.

Mércores 29 de abril, ás 20:30h no Teatro Área Panorámica – Trilitrate – Entrada libre

Xoves 30 de abril, ás 00:00h no Cafe Central Tui – Los Pontiaks + sesión DJ Funkente – Entrada libre

Venres 1 de maio, ás 22:30h na Igrexa de Santo Domingo – Cinema mudo con música en directo de Filipe Raposo: 7th Heaven (El séptimo cielo)Entradas 12,00 € na web

Venres 1 de maio, ás 00:00h no Pub Amadeus Tui – Phantomatic DJ + Abel Trigo Vocal Live Show – Entrada libre

Sábado 2 de maio, ás 00:00h en La Burbuja Bar Tui – French Riviera + sesión DJ Risky Romi – Entrada libre

Domingo 3 de maio, ás 22:30h na Igrexa de Santo Domingo – Cinema mudo con música en directo de Filipe Raposo: La Passion de Jeanne d’Arc (La pasión de Juana de Arco)Entradas 12,00 € na web

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.