Todo o que debes saber para ir a O Marisquiño
O Marisquiño celebra a súa 25ª edición fronte ás Illas Cíes na praia de Samil, do día 7 ao 10 de agosto. Trátase dunha das datas máis importantes do calendario vigués, que reúne cada ano a familias, deportistas de talla internacional, afeccionados da cultura urbana e xente de distintas partes do mundo. Para non perder detalle da oferta desta edición histórica, caracterizada por unha forte aposta pola inclución, preparamos unha síntese das seis propostas a non perder.

XORNADA DE TALLERES FAMILY DAY BY GADIS
O xoves 7 de xullo aranca a XXV edición de O Marisquiño, cos adestramentos para as probas que se desenvolverán do 8 ao 10 de agosto, e coa quinta entrega do Family Day by Gadis. Trátase dunha xornada na que se ofrecen distintos obradoiros para que a rapazada poida iniciarse na cultura urbana, aprendendo trucos dos seus deportes favoritos. Basket, skate, BMX, Flatland, Breakdance e Graffiti son as distintas disciplinas das que nenos e nenas de 5 a 17 anos —divididos en distintos grupos de idade— poden aprender e gozar. Este ano, os escenarios que acollen os talleres son o Park de Navia, con Skate e BMX; a praia de Samil, con Flatland, Breaking e Basket 3×3; e a Terraza de A Laxe, co de Graffiti.
Terán lugar de 10:00 h a 20:30 h e as inscricións realízanse pola páxina web.
DESCENSO URBANO MTB DESDE O CASTRO ATA A LAXE
O MTB Downtown do Marisquiño é unha das probas que máis afeccionados reúne ano tras ano. É a única disciplina que se mantén no centro da cidade olívica. Os participantes sortean distintos obstáculos naturais e artificiais, nun percorrido que pasa do medio natural á cidade. Desde o Monte do Castro, pasando polas estreiras e empinadas rúas do Casco Vello, ata o CC A Laxe, os deportistas seguirán unha ruta mellorada. Este ano, elimináronse algúns sectores lentos do antigo trazado para engadir velocidade, sumando a pasarela que conecta o Casco Vello con A Laxe. Establécense dúas únicas categorías de competición (coa excepción do Mini DH): homes e mulleres, sen importar a categoría. O obxectivo é completar o percorrido no menor tempo posible para gañar o premio. O Mini DH, pola súa parte, é unha proba pensada para nenos e nenas ciclistas que se inician no mundo do descenso, con distintas categorías por idade e un entorno adaptado e seguro.
O descenso, consolidado como un dos grandes atractivos do evento, terá lugar o sábado 9 de agosto desde primeira hora da mañá, coas baixadas de adestramento e, á primeira hora da tarde, coa ronda clasificatoria. A gran final porá o broche de ouro ás 19:30 h, tras un día enteiro de velocidade e adrenalina.
PROBAS DEPORTIVAS
As distintas disciplinas das que se poderá gozar na praia de Samil son as seguintes:
- Skate: Trátase da disciplina que orixinou o festival d’O Marisquiño no ano 2001 no Monte do Castro. Consolídase na praia de Samil como parte da World Cup Skateboarding, unha das competicións de referencia en Europa. Realízase no Parking 3, o máis céntrico e amplo.
- BMX: Celébrase o BMX International Open, unha competición que forma parte do festival desde 2006. Realízase no parking do antigo mercado ambulante da praia de Samil.
- Breaking dance: Comezando como unha disciplina de exhibición nos inicios do festival, o agora coñecido como Street Battle O Marisquiño converteuse nun evento nacional de gran importancia que alberga profesionais do sector recoñecidos a nivel global. Realízase na pista de patinaxe de Samil.
- Basket 3×3: Este ano organízase por sexta vez a proba de 3×3 de baloncesto, cun Torneo Junior como novidade para que os máis pequenos participen no evento. Este ano estrea ubicación nas pistas da praia de Samil.
- Flatland: Trátase dun estilo de BMX que se realiza en superficies planas, sen ramplas, nas que se realizan complexos trucos. Realízase nunha pista de arredor duns 100 m2.
- FMX: o Freestyle Motocross comeza en Estados Unidos no 1996, cando pilotos de motocross e supercoross coomezaron a realizar trucos nos saltos máis grandes dos circuitos. Esta disciplina foi introducida en OM no ano 2010, deixando de facerse no 2018 por problemas de espazo, retornando para a 25ª entrega do festival como un dos puntos chave da programación. O espazo FMX sitúase no extremo norte do recinto de Samil, cun setup de 2.250 m2.
- Big Air: Outra das disciplinas favoritas por parte do público que se retoma este ano como unha das fortalezas da edición é o Big Air. Trátase dunha das probas máis espectaculares da historia do festival, onde riders de MTB e BMX saen dunha impoñente torre de saída para realizar os seus mellores trucos. Sitúase tamén no extremo norte do recinto do Marisquiño 2025, cunha plataforma de 12 metros de altura.
DEPORTE ADAPTADO
Este ano, o deporte adaptado é un dos pratos fortes do Festival. Trátase do segundo ano na historia do Marisquiño no que se celebrará unha competición de skate adaptado, engadíndose tamén unha proba de BMX para os deportistas con discapacidade. Esta aposta pola inclusión, o deseño accesible e o deporte adaptado chamou a atención da productora Café Media, que se desplazará ata Vigo para grabar durante esta edición un corto documental chamado Beauty, empregando O Marisquiño como escenario para falar da integración de persoas con discapacidade no deporte. O Campionato de Skateboarding Adaptado celébrase no mesmo circuito que a competición da World Cup Skateboarding, mentres que a proba de BMX empregará tamén o mesmo circuito que a competición oficial de BMX Freestyle. Deste xeito, pódese presenciar unha proba na que participarán riders con discapacidade de talla internacional, convertidos en referentes mundiais das súas disciplinas. O entorno está pensado e deseñado para que todas as persoas poidan gozar do mesmo, sen distincións.
PROGRAMACIÓN MUSICAL
O 25 aniversario de OM acolle tamén nomes destacados da música urbana nacional e internacional, coa novidade dun segundo escenario íntegramente adicado a música electrónica. O escenario SON Estrella Galicia acolle, durante os tres días da fin de semana, un total de 14 actuacións musicais que abranguen xéneros que van desde o Hip-Hop ata o Hardcore Rave. Doutra banda, o escenario Oasis (adicado á música electrónica), acollerá durante o venres e o sábado un total de 6 actuacións. Algúns dos nomes máis recoñecidos da programación son os de Villano Antillano, Ralphie Choo, West Dubai, Parkineos, Viviana Casanova, DJ Nano, Cora Novoa, Lady Starlight, Metrika ou El Bugg. É unha oportunidade única para gozar da música urbana ao aire libre, nun entorno privilexiado fronte as Illas Cíes.
BATALLA DE GALLOS INCLUSIVA
A programación deste ano volve contar coas míticas Batallas de Gallos, celebradas no festival desde o 2022. A gran novidade deste ano é a organización do Freestyle People Day, o primeiro evento de freestyle rap inclusivo da historia, onde se poderá ver a artistas con e sen diversidade funcional facendo as súas mellores rimas. Este evento nace coa colaboración de Gallos del Norte e a Asociación Poten100mos, cuxos membros participarán de forma activa no mesmo. O Sábado 9 de agosto terá lugar o Sangue á feira, torneo galego por excelencia no que equipos de 3 integrantes de varias zonas de Galicia (aínda que algún tamén de fóra) disputaranse o premio. Por último, como gran aposta deste ano, celébrase El Trono del Norte, un formato estrenado o ano pasado no que participarán freestylers galegos e do resto de España, con sorpresas de primeiro nivel no xurado.
Consulta os horarios de toda a programación aquí
COMO CHEGAR?
Para facer máis sinxela a conexión entre os diferentes espazos nos que se celebra o OM2025, incrementarase a freciencia do transporte urbano (Vitrasa) entre o centro da cidade e a praia de Samil. Para consultar os horarios e as distintas formas de transporte para acceder á zona —incluíndo os carrís bicis e mobilidade alternativa, trens e barcos— así como a forma de deixar a resguardo o equipaxe, podes premer aquí.
MAPA coa ubicación das distintas propostas:



