CASTRELOS 25

Todas as fogueiras e sardiñadas de San Xoán 2025

Lume, comida e moita música para celebrar San Xoán un ano máis nas distintas parroquias de Vigo. Co obxectivo de esquematizar as distintas ubicacións da festa, elaboramos un mapa que mostra as distintas sardiñadas e fogueiras confirmadas ata a data. Aínda que a propia noite de San Xoán é a do luns 23, nalgúns lugares festéxase durante a fin de semana. 

(Para consultar a programación completa, fai click no título de cada unha) 

BEADE – Venres 20 

A partir das 21:00 h, ofrecerase no recinto de festas de Santa Ana unha sardiñada de balde para as socias/os da asociación e a actuación de grupos folclóricos e Bruno Queiman. 

O FREIXO – Venres 20- Martes 24

Do venres 20 ao martes 24 de xuño organízase, no barrio do Freixo da parroquia de Valadares, distintas actividades para celebrar San Xoán que inclúen unha fogueira, actuacións musicais, fogos artificiais, pasarrúas, e moito máis. 

OS LIÑARES – Sábado 21

No terreiro dos Liñares, en San Miguel de Oia, comezan a festa ás 12:00 h cun vermú e continúan con comida e actuacións musicais de Silverback e o DJ Morte Morrida. 

CASCO VELLO ALTO – Sábado 21

A partir das 19:30 h, na Praza do Abanico, ofrécense chouripáns, empanadillas, bebida e música. 

ZAMÁNS – Sábado 21

Fogueira, sardiñada e música. Zamáns comeza a troula ás 20:30 h o sábado. 

SAIÁNS – Sábado 21 e luns 23

Nos terreos da Costeira de Saiáns organízanse distintas actividades o sábado 21, ademais de prender unha fogueira o propio luns. 

BOUZAS – Domingo 22 e luns 23

Bouzas organiza unha sardiñada, fogueira e distintos DJs. A celebración divídese entre o domingo de 11:00 h a 17:00 h e o luns de 17:00 h a 02:00 h. 

AS DA INDUSTRIA – Luns 23

A Asociación Sociocultural As da Industria celebra, no Parque de Joaquín García Picher, unha sardiñada e actuacións musicais. Tamén contan con comida con alternativa vegana. 

MONTE DA MINA – Luns 23

A Asociación de Veciñoos Monte da Mina de Castrelos celebra San Xoan o luns 23 cunha fogueira, música, e a actuación da escola de baile New Era. Pódese facer reservas para a cea. 

AMIGOS DO SEIXO – Luns 23

Fogueira, actuacións e sardiñada, a Asociación Amigos do Seixo de Beade únese á festa. 

MATAMÁ – Luns 23 

O Torreiro de Matamá será o lugar onde se realizarán as actividades organizadas para celebrar San Xoán, entre elas: charla, andaina, mostra de herbas, sardiñada, música e fogueira. 

PRAZA DO BERBÉS – Luns 23

Un ano máis, o Berbés acolle a noite de San Xoán con moito lume, ademais de actuacións, actividades e sardiñas. 

PRAZA DA MIÑOCA – Luns 23

Ás 19:00 comeza a festa na Praza da Miñoca, que ofrece unha chourizada fronte ao local da Asociación Veciñal. Tamén conta cunha actuación musical. 

TAMEIGA – Luns 23 

A Comunidade de Montes de Tameiga ofrece actividades infantís, fogueiras, música e comida a partir das 19:00 nas Pedriñas. 

CABRAL – Luns 23

A partir das 19:30 h pódese gozar de sardiñas, chouripán, viño e música no local da AVCD de Cabral. Ademais, tamén prenderán unha fogueira.  

BEMBRIVE – Luns 23

As comisións de festa San Blas e Santiago Apóstol de Bembrive festexan San Xoán a partir das 20:00 h do luns cunha fogueira, sardiñada e foliada. 

NAVIA – Luns 23 

A Asociación Veciñal Emiio Crespo de Navia organiza nos xardíns do Centro Cultural Emilio Crespo unha sardiñada e chourizada a partir das 20:00 h. 

ALCABRE – Luns 23

A partir das 21:00 h, Alcabre comeza a festa con sardiñas, chourizo e unha fogueira no Torreiro da Igrexa Vella. Ademais, tamén contan con varias actuacións musicais. 

VAL DO FRAGOSO – Luns 23

No Val do Fragoso tamén prenden fogueira, acompañada de moita comida e actuacións musicais. 

VALADARES – Luns 23

Desde as 21:45 h, o Centro Cultural de Valladares festexa a noite de San Xoán cunha fogueira e a actuación da Agrupación Folclórica do CVC Valladares

TEIS – Luns 23

A Asociación Veciñal de Teis prenderá unha fogueira na ETEA. 

MÁIS ALÓ DAS FOGUEIRAS

San Xoán abrangue máis do xa mencionado, existen outras propostas coas que aprender e pasalo ben. Entre elas, destácanse as seguintes: 

RIO VERBENA
  • Bembrive en Pé: O xoves 19 de xuño, a partir das 18:30 h, a Asociación Veciñal Bembrive en Pé organiza unha andaina e un taller de herbas de balde para celebrar o San Xoán.
  • ‘Obradoiro Ramo de San Xoán’: taller infantil sobre as herbas mediciñais de San Xoán organizado o 21 de xuño, a partir das 17:30 h, na Fundación Sales. 
  • ‘Escape Room Especial Brujas de San Juan: Puro Delirio organiza o luns 23, ás 19:00 h, unha actividade de escape por equipos tematizada na noite de San Xoán. 
  • XXXIX Carreira Nocturna de San Xoán: Actividade deportiva para maiores de 14 anos celebrada o luns 23 a partir das 21:00 h cun circuiro urbán que vai desde a Praza do Rei ata a Praza do Berbés, onde se poderá asistir á fogueira. 
  • Festa de San Xoán en MAPIS: Un taller sensorial para os máis cativos celebrado o luns 23 a partir das 17:00 h en MAPIS.