The Blow Up’s e French Riviera poñen música aos 25º Premios Maketón
Este venres 27 ás 21:00 h a Sala Supersonic acolle a celebración dos 25º Premios da Música Maketón, un evento gratuíto que celebra a música creada en Vigo e arredores. Os artistas encargados de poñer a banda sonora á velada son o redondelán French Riviera e o power trio vigués The Blow Up’s.

Hai un cuarto de século, alá polo anos 2000, que os Premios Maketón comezaron a súa andadura cun concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos. Máis de 1000 programas despois e de 150 estatuíñas entregadas, este venres 27 ás 21:00 h a Sala Supersonic acolle a celebración dos 25º Premios da Música Maketón. A música correrá a cargo do redondelán French Riviera e o power trio vigués The Blow Up’s, ambos presentes entre os nominados desta edición.
Como cada ano, o xurado composto por Emma Placer, Xosé Otero e Salva Ronko escollerán un proxecto vencedor nas categorías Mellor Disco Autoeditado, Mellor Disco, Mellor Directo, Mellor Produtor, Mellor Videoclip e Premio á Traxectoria Musical.
A lista de nominados, que reflexa a calidade e variedade da escena local, é a seguinte:
Mellor Disco Autoeditado
- Pablo Lesuit — Camino de las rocas
- The Blow Ups — Nowhere generation
- Dirty Suc — Fillo do Mar
- Chungo Pastel — Sin filtros
- Mooncresta — Zadym

Mellor Disco
- Nadadora — Mañana y siempre
- Carla Lourdes — El día que descubrí el lunar de tu oreja
- French Riviera — Caliente !
- The Killer Barbies — El pop se autodestruirá en 4, 3, 2, 1…
- Eladio y los Seres Queridos — Banda Sonora Original 2005-2025

Mellor Directo
- Seitura
- Hugo Guezeta
- Layuca
- Tangomango
- Malfinde

Mellor Produtor
- Javier Vicalo
- Paco Serén
- Peter Petrowski
- Javier Abreu
- Omy Cid
Mellor Videoclip
- Hard GZ — Voltarei
- Pikete & Maisak — Periódico de ayer
- Planeta Marte — Labios Morados
- Amparo — Tú de qué vas?
- Paracetamol — Mi Trinchera
Premio á Traxectoria Musical
- Bernardo Vázquez
- Nostromo
- Nadadora
- Fon Román
- Frans Banfield


