Tangomango, Silvia Pérez Cruz e Luis Pidrahita esta fin de semana en Vigo
Decálogo dos dez mellores plans culturais para acabar maio en Vigo e arredores. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

BIRRASETO – De xoves a domingo no Náutico – De balde
Nesta feira pódense degustar máis de setenta tipos de cervexas artesás diferentes de Galicia e Madrid, ademais de foodtrucks, actividades e concertos en sesión vermú e á tardiña durante toda a fin de semana.
Primeira edición do festival dedicado ás series de televisión no que destacan as proxeccións das series El jardinero, Weiss&Morales, La Canción ou Cicatriz; as mesas redondas e charlas sobre rodaxes con Iphone, colaboracións en series, contaminación nas rodaxes, a composición de bandas sonoras ou sobre a historia da ficción na TVG.
A Orquestra Vigo 430 ofrece un broche douro á súa tempada ’20 aniversario’ co concerto “Paisaxes sonoras – De Beethoven a Tchaikovsky” que contá dirixido por Isabel Rubio e contará coa violista internacional moldova Alexandra Tirsu.
ESPECTÁCULO GALEGO – Venres ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde 11,00 €
Galego é un emocionante monólogo teatral que narra a historia dun migrante galego en Arxentina, construído a partir da memoria, a identidade e os vínculos familiares. Da compañía Buena Yunta e con dramaturxia de Gabriel Fernández e Julio Molina.

VERBENA MARKET – Sábado desde as 12:30 h na Praza do Abanico – De balde
Mercado anueal de artesanía, segunda man, comida, actividades e música en directo que se celebra no Casco Vello Alto durante todo o día.
MONÓLOGO LUIS PIEDRAHITA – Sábado ás 19:00 h e 21:30 h no Teatro García Barbón – Desde 15,80 €
Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un enxeñoso monólogo sobre a liberdade no que Luis ironiza sobre o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre as autocaravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de carreteras.
Terras Gauda une o mellor do viño, a música e a arte nun evento para celebrar o inicio da floración. O acto estará presentado por Esther Estévez e contará con actuación de Guadi Galego, cata comentada, arte inmersiva en directo e cea degustación. Durante toda a xornada haberá viño ilimitado a disposición.

CONCERTO TANGOMANGO – Sábado ás 21:30 h na Sala Supersonic – Desde 12,00 €
A banda viguesa de soul e funk moi bailable presenta o seu primeiro disco. O grupo está formado por músicos vigueses recoñecidos como Toño López (voz) , Cibrán Rey (batería); Guillermo Gagliardi (guitarra); Diego Alonso, ‘Tornado’ (saxofón); Julio Llorca (baixo); Antonio López ‘Monano’ (teclados); Carlos Docampo (percusión) e Andrea Pérez (saxofón).
CONCERTO TAÏN – Sábado ás 21:30 h en La Fábrica de Chocolate – Desde 11,00 €
Taïn é unha das voces máis prometedoras do novo pop rock nacional. Natural de Betanzos, con tan só 24 anos, logrou captar a atención do público grazas á súa lírica contemporánea, fresca e emocional, influenciada por artistas como Pole e Hens. Neste concerto presenta en primicia o seu novo traballo, acompañado pola súa banda ao completo e mostrando a súa faceta máis rockeira.
CONCERTO SILVIA PÉREZ CRUZ E JUAN FALÚ – Domingo ás 20:30 h no Mar de Vigo- Desde 32,00 €
Lentamente é un diálogo musical único entre a voz inconfundible de Pérez Cruz e a mestría da guitarra de Falú. Considerada unha das voces máis impresionantes dos últimos tiempos, Silvia distínguese pola súa versatilidade e unha personalidade artística que trascende xéneros. A súa capacidade para emocionar e conectar co público a consolidou como unha figura imprescindible da escena musical actual.