Su Garrido Pombo busca mecenas para que Traspielas se converta en disco

A viguesa Su Garrido Pombo lidera Traspielas, un proxecto que reinterpreta pezas recollidas na súa aldea desde unha perspectiva contemporánea. Dependendo a achega que fagan, os mecenas recibirán como recompensa o CD, o vinilo ou mesmo entradas para un concerto exclusivo na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes).

Traspielas é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. Despois de varios concertos de presentación, a banda quere converter o proxecto en disco e para iso lanzan unha campaña de micromedenazgo a través de verkami. A través da plataforma eles mesmos explícano así “A nosa música tradicional está totalmente vencellada á vida comunitaria. Queremos gravar estas cancións que son de todas, non para gardalas senón para compartilas, para contar quen somos e por suposto para que sigan cantándose e sigan sendo fonte de inspiración e esperanza.”

Na primavera, estivemos con Su en Traspielas e alí coñecimos a súa familia e veciñas. Contáronos como eran os seráns que se celebraban naquela aldea e como aquelas mulleres que tocaban e bailaban, ademais de irense transmitindo cancións dunhas a outras, tamén facían as súas creacións. A propia Su dicíanos  «Sempre quixen facer un disco con cancións de aquí e darlle un xiro contemporáneo, porque eu as escoitei a elas, pero tamén escoitei Radiohead. Quería darlles continuidade a esas cantigas para que vaian por camiños novos, pero sobre todo quería homenaxear estas mulleres que salvagardaron a nosa música, a nosa lingua e a nosa forma de facer

REVISTA NADAL

A través do micromecenazgo en verkami podemos facer a nosa achega, desde 15,00 €, é contribuír a que este proxecto se faga realidade. Desde a plataforma ofrécense diferentes recompensas en función dos cartos que aportemos. Todas inclúen unha postal e a descarga gratuíta do disco, hainas que tamén inclúen o CD, o vinilo, unha camiseta ou mesmo entradas para asistir a un concerto exclusivo en Traspielas.