Sorry But, comer sen explicacións

Publirreportaxe

Sorry But é a nova apertura na rúa Montero Ríos, unha das poucas peonís da cidade, con xardíns e o mar a escasos metros. Neste local a cociña permanece aberta de 9:00 h a 00:00 h e nel a pregunta non é «que toca agora?», senón «que che apetece?».

XORNADA XUNTA

Brunch, hamburguesas e pratos principais conviven sen depender do reloxo nin do momento en que o cliente cruce a porta na nova apertura de Montero Ríos, Sorry But. O espazo é amplo, cunha estética moderna, neons e unha terraza que promete vida cando chegue o bo tempo. Un local pensado para quedar, tamén en grupos grandes, e non só para comer rápido.

A carta é extensa, pero ten dous piares ben definidos: o brunch e as hamburguesas. No apartado destas últimas, Sorry But xoga unha baza pouco habitual: os socios do local son gandeiros da zona de Lalín e Silleda, polo que a calidade e a frescura da tenreira galega que utilizan está garantida. Traballan cunha combinación de cortes creada especificamente cunha proporción de graxa calculada tras moitas probas. Teñen oito hamburguesas na carta, que poden pedirse na súa versión clásica ou smash. O pan tamén ten nome propio: está elaborado por Juanito Baker, un famoso obradoiro madrileño especializado en restauración e hamburgueserías, do cal Sorry But é o seu único cliente en Vigo. Ademais da opción clásica, dispoñen de pan vermello e negro, así como de pan de pataca.

O outro grande eixe é o brunch, dispoñible todo o día. Tostadas con ovos beneditinos, pastelería, boles de iogur nos que cada cliente escolle a froita e os cereais… A idea é poder almorzar ás seis da tarde ou cear un bol e un matchasen que o camareiro engurre o cello.

Coa vontade de ampliar a carta a todo tipo de públicos, tamén ofrecen ensaladas e pratos principais, como cachopo ou salmón á grella. Ademais, contan con pratos para compartir, entre os que destacan as croquetas de pulled beef caseiras. As sobremesas seguen a mesma lóxica: poucas opcións, de elaboración artesanal e testadas ata dar coa receita perfecta; o resultado: torta de queixo clásica, versión con pistacho e brownie con M&M’s e xeado de vainilla e mandarina.

En febreiro estrean servizo a domicilio a través de Glovo, Just Eat e a súa plataforma propia, co obxectivo de ampliaren o raio de acción deste proxecto, que naceu coa intención de medrar e replicarse noutras cidades. No seu web hai mesmo un xerador de escusas, un xogo simpático que resume ben o espírito do local: comer o que a cadaquén lle apeteza á hora que sexa.

Rúa de Montero Ríos, 18 | @sorrybut_sp | sorrybut.es

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.