Sons de Vigo, un festival catro estilos musicais

Entre o 27 de marzo e o 4 de abril celébrase no Ifevi Sons de Vigo, un novo festival que aúna catro eventos dedicados a música urbana, a electrónica actual e dos noventa e o reguetón.

Presentación de Sons de Vigo. | Cedida

“Queríamos crear un ciclo musical que chegase a todos os públicos”, explicaba esta mañá ante os medios Luis Diz, un dos promotores do evento. Desa inquedanza nace Sons de Vigo, un festival que aglutina catro eventos diferentes: Lingua Urbana, dedicado as músicas urbanas; Wake Up, que en palabras dos organizadores “é o evento de música electrónica máis salientable de toda España”; Perreo Fest, centrado no reguetón de comezos do dousmil; e One Dance, que reunirá os grandes éxitos da música electrónica dos noventa.

Ao longo destas cinco xornadas de música, os organizadores agardan reunir no Ifevi arredor de vinte mil persoas, sinalan que se trata do espazo indoor máis importante de Galicia e que ademais “goza dun emprazamento estratéxico para poder chegar ao público de Portugal”. Polo escenario do IFEVI pasarán artistas tan variopintos e coñecidos como La Pantera, Metrika, Klangkuenstler, Chris Liebing, Daosul, Kiko Rivera ou Kate Ryan.

O cartel de Lingua Urbana conta con grandes artistas do panorama nacional e local. Cada un representa diferentes estilos dentro da música urbana actual, o que garante un directo variado e pensado para conectar co público novo que segue de cerca a escena. Desde artists como La Pantera, Metrika, L0rna, Sticky M.A., C Marí e Skinyz aos galegos 9Louro, West SRK, Sote, Telmo Brea e Valensk8.
Entradas.

Este formato de música electrónica xa triunfou nas súas anteriores edicións en Vigo. Nesta ocasión serán dous días e contará con nomes tan recoñecidos como Klangkuenstler, Chris Liebing, Marco Carola, Loco Dice, Franky Rizardo, Paco Osuna, Castel & Selles, Milutxo, Isma B, Muiños, Felicie e Luke Slater.
Entradas.

Trátase do maior festival de reguetón antiguo. Se a primeira edición celebrada na Coruña foi todo un éxito, esta segunda cita promete manter o nivel. O Ifevi será o escenario dun cartel no que se mesturan algúns dos nomes máis recoñecibles do reguetón comercial e a música urbana, con varios DJs de referencia para que non falte de nada. Son os casos de Daosul, Henry Méndez, Kiko Rivera, K-Narias, Planas e Anxo Silva.
Entradas.

Nova edición de One Dance co mellor sonido, un festival único que xa estivo no Ifevi hai un ano facendo homenaxe ás grandes décadas que marcaron a historia da música electrónica dos anos 90. Nesta edición estarán Alice DJ, Barthezz, Carolina Márquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver y Whigfield. Tamén haberá sesión de DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House e Toni Seljas, ademais das performances de Pablo Méndez.
Entradas.

Sons de Vigo forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia; este ciclo conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra.