SonRías Baixas publica o cartel por días
LA M.O.D.A., Ultraligera, Zahara, La Pegatina, Alcalá Norte, Veintiuno, Barry B e Biznaga encabezan tres xornadas que combinan grandes nomes, novas voces e talento galego en Bueu. As entradas de día estarán dispoñibles dende o luns 11 de maio ás 12:00 h a prezo especial de lanzamento.

SonRías Baixas desvelou a programación completa da súa próxima edición, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto no recinto de As Lagoas, en Bueu. Tras un primeiro avance , o festival pecha o cartel coa incorporación da banda madrileña Biznaga, banda de punk rock consolidada pola súa capacidade para retratar a realidade contemporánea cunha mirada crítica, afiada e profundamente xeracional.
Ademais, a organización deu a coñecer a distribución por días do festival que arranca o xoves 30 cunha xornada marcada polo pulso emerxente e a enerxía das novas escenas con concertos de Alcalá Norte, Veintiuno, Duendeneta Dilleis, Hoonin e Juventude.
O venres 31 estará protagonizado pola diversidade sonora e a electrónica en todas as súas formas. Ultraligera, Zahara (Rave), Barry B, Chiquita Movida, Rager, Kike Varela, EME DJ, Sobrezero e Ulex manterán o pulso desde a tarde ata ben entrada a noite.
O sábado 1 porá o broche final cunha das xornadas máis potentes e festivas da edición. La M.O.D.A., La Pegatina, Biznaga, Mr. Kilombo, Sonido Gallo Negro, Gara Durán, Alizza, Cool Nenas, NDLR, Quinkillada e Duendeneta Dilleis completando unha programación diversa entre pop, electrónica, mestizaxe e novas tendencias.

Os abonos para as tres xornadas xa están dispoñibles a un prezo de 69€ (gastos de xestión incluídos) a través de sonriasbaixas.info y enterticket.es. Pola súa parte, as entradas de día poranse á venta o próximo luns 11 de maio ás 12:00 h, nunha oferta de lanzamento con prezo especial de 33,00 € para o xoves e 39,00 € para o venres e sábado.
Ademais, a organización aposta por mellorar a mobilidade do público poñendo en marcha de servizos oficiais de autobús de ida e volta, que repetirán o formato de edicións anteriores. Proximamente confirmaranse todos os detalles destas rutas, que conectarán o recinto con Vigo, Moaña, Cangas, Pontevedra, Marín e Seixo.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026
- Amigos de la Ópera presenta ‘Don Giovanni’ e outras dez actividades - 29 Maio, 2026
- ‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo - 27 Maio, 2026




