Smart Explorers: campamento tecnolóxico para nenos e nenas que queren crear o futuro
O campamento tecnolóxico Smart Explorers, impulsado pola academia Kidcode, combina actividades como programación, robótica e intelixencia artificial cun enfoque orientado ao pensamento crítico e a resolución creativa de problemas.


Este verán hai moitas formas de ocupar o tempo da cativada, pero poucas experiencias poden espertar tanta curiosidade e ganas de aprender como o campamento tecnolóxico Smart Explorers de Kidcode. Este campamento urbano está centrado na tecnoloxía e as súas aplicacións na vida diaría e a sociedade do futuro, vai dirixido a participantes de entre 5 e 17 anos e desenvolverase entre o 22 de xuño e o 31 de xullo, de 9:00h a 13:30h.
Smart Explores está deseñado por especialistas en innovación educativa e formación STEAM e propón unha experiencia onde a rapazada aprende en contextos que lles resultan estimulantes: resolvendo retos, creando proxectos e abordando problemas que realmente lles importan.


A filosofía do programa parte da idea de que a aprendizaxe resulta máis efectiva cando está conectada cos intereses do alumnado. “Porque cando a aprendizaxe conecta cos seus intereses ocorre algo extraordinario: recuperan a ilusión por descubrir e comprender o mundo”. Neste sentido, o campamento fai que a tecnoloxía funcione como unha ferramenta para estimular a curiosidade, a capacidade de análise e a creatividade.
Durante o campamento lévanse a cabo actividades de programación, robótica, deseño e impresión 3D e intelixencia artificial. Ademáis de aprender a utilizar estas ferramentas, as actividades van dirixidas a desenvolver pensamento crítico e sistémico, sustentabilidade, exploración, deseño de futuros, emprendemento e prototipado rápido de ideas. O obxectivo é “imaxinar, colaborar e construir solucións”.

Outro dos elementos clave no programa é a convivencia con outros participantes con intereses similares. Ademais de facer novos amigos e amigas, cada participante terá a oportunidade de descubrir as súas fortalezas, validar os seus intereses e atopar novos referentes para seguir medrando.
O prezo é de 197,00 € semanais, con merenda incluída.
Kidcode
O campamento está promovido por Kidcode, unha academia viguesa creada por Leticia Costas que este ano supera a súa primeira década de actividade. Está especializada na formación tecnolóxica para nenos, nenas e adolescentes A fundadora de Kidcode, Leticia Costas, comezou a idear o proxecto hai máis dunha década tras detectar a fenda entre a metodoloxía do sistema educativo tradicional e as demandas laborais reais. Tras varias probas, creou a academia á que ela mesma querería ir cando era nena. A resposta da rapazada, como era de esperar, foi moi positiva. Aquí desenvolven habilidades habilidades tecnolóxicas, pero tamén a lóxica, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a resistencia á frustración.
Rúa de Zamora, 88 | kidcode.es | 886 14 24 69 | info@kidcode.es | @kidcode_academy




