CASAACUNHA

Semana de portas abertas en MayeuSwing

Coa chegada do novo ano na Escola de Baile MayeuSwing abren as súas portas do 8 ao 11 de xaneiro para que poidas probar sen compromiso as diferentes modalidades de swing que ofertan. 

Na Escola de Baile MayeuSwing queren que comeces o 2019 con bo pé, polo que do 8 ao 11 de xaneiro poderás probar sen compromiso calquera das modalidades ofertadas: lindy hop, claqué, swing solo e blues dance. Este último estilo é unha novidade deste ano, e poderás probalo o mércores 9 ás 21:00. Os horarios do resto de clases serán os seguintes: lindy hop o martes 8 ás 21:00 e o venres 11 ás 20:00, claqué o xoves 10 ás 20:00 e swing solo o venres 11 ás 21:00. 

A asistencia a todas estas clases é gratuíta e poderás inscribirte a través desta ligazón. Se tes interese no swing vigués, na revista de xaneiro tes un artigo máis completo no que informarte sobre as diferentes ofertas e eventos deste tipo de baile.