Samuel Merino: “Escribo porque é o meu modo de saír dun monólogo interno”

Samuel Merino (Mos, Pontevedra, 1982) é licenciado en Filosofía pola USC e actualmente escribe poesía e tamén fai performances a través das que ser o que lle prohibiron ser, e tamén de vivir do que estudou. Recentemente vén de publicar Manual de Camuflaxe, obra que mereceu o XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey e arredor da que conversamos con el nesta entrevista. Os seus poemarios adoitan tomar corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan os camiños do teatro e da performance. Entre elas destacan: Guantanamera. Poema nun só acto (2021) Con esta hoz / Con esta fouce (2023) ou Claustro Corda Comensal (2023).

Samuel Merino | Eva Lago

Para min a poesía é moitas cousas: unha teima, un obxectivo, unha busca, unha dúbida (ou moitas), un método, unha forma de ver, unha forma de mirar, un reto, un acougo, unha maneira de vivir coa incerteza, unha forma de supervivencia… Escribila, polo tanto, supón enfrontarme coa teima, buscar, rastrexar na(s) dúbida(s), mellorar un método, discernir cal é o centro da miña mirada e que é periferia, traballar, acertar e fracasar, vivir co fracaso e seguir vivindo.

A primeira vez que escribín un poema foi na escola unitaria, en realidade era unha copia que nos puxera a mestra, pero digo que é o meu primeiro poema porque como o copiei mal, pois xa non era o mesmo que nos mandara escribir. Logo, tamén recordo escribir poemas na adolescencia, pero creo que comecei a pensar en escribir poesía no momento en que descubrín que podía chegar a dárseme ben, e isto aconteceu hai máis ben pouco tempo. Non podo dicir que sempre quixese ser poeta, porque xamais pensei que fose sequera unha posibilidade.

Manual de Camuflaxe é, en verdade, non unha busca da identidade senón unha reflexión poetizada acerca da contradición implícita no imperativo de ser únicas, de ser nós mesmas, de ter unha identidade ben definida, de saber en todo momento que ou que non somos e, ao mesmo tempo, ser penalizadas por ser diferentes. Todas, dun xeito ou outro, temos problemas coa nosa identidade en diferentes momentos da vida, porque como individuos precisamos da outredade para nos definir e chega un momento en que perdemos pé: se somos moi diferentes ao resto somos marxe, se somos moi iguais ás demais, dáse un proceso de homoxeinización brutal por canto nos fai perdernos a nós mesmas (cos nosos desexos, coa nosa vontade, con todo o que nos move).

Samuel Merino | Eva Lago

Eu falo (se falar é escribir e logo dicir o escrito) porque é o meu modo de darme a oportunidade de ser con outras persoas, de saír dun monólogo interno que, cando queda en min, non me dá tregua. Neste sentido, calar, non escribir e non dicir “o poema” sería unha especie de violencia contra min mesmo.
Iso de “falar por non estar calado” úsase pexorativamente porque é certo que tamén hai que saber apreciar o silencio; pero para min isto ten unha excepción clara: se polo que sexa o teu silencio che foi imposto, aproveita toda oportunidade que teñas para falar. Porque nos recoñecemos entre nós tamén pola fala e, se calamos sempre, estamos condenadas a unha especie de soidade terrible: a de ser ignoradas.

Todo o tempo. Para mal, moitas veces, e tamén para ben outras moitas. A camuflaxe é unha técnica de supervivencia: camúflome co entorno para que me acepten, para que non me rexeiten, para ser parte de algo… Porque é certo que eu son, sobre todo, aquilo que me diferencia do resto, pero non só. O extremo de ser aceptado SÓ polos meus trazos distintivos conleva un perigo: o de ser o bufón (exemplos desta falsa aceptación do diferente vense todos os días e existiron sempre: a muller barbuda, o home elefante, o/a instagramer que ten centos de miles de seguidores que non fan senón rir á súa conta… É tremendo que aceptemos “o diferente” só se podemos sacarlle algún tipo de partido. Incrible e bastante noxento.

Esa dedicatoria é literal: son cada unha das persoas que habitaron a(s) casa(s) nas que fun medrando. É dicir, buscándome, acertando, errando. Elas son o primeiro espello que tiven. Nelas atopo hoxe o que máis me gusta de min: a capacidade de rir en momentos inexplicablemente tráxicos, a capacidade de facer un drama en momentos inexplicablemente absurdos, cantar, a lealdade, a xenerosidade.

En min todo parte dunha ansia. Son ansioso. Vivo así. Búscome así. Creo que a ansia é unha das cousas que máis me custa camuflar, e cando o consigo é porque estou medicado (isto é verdade e faime rir).

Iso é certo. A pregunta que me fago eu é, acaso non nos pasa a todas e máis en tempos coma estes? Creo que o san é preguntarse en que lado da liña estamos, sobre todo por saber se estamos onde queremos estar. Ou se estamos na mesma liña, que é a terceira vía e é marabillosa. Con todo, como ben pós entre aspas, “o normal” xérame desconfianza. Máis que o que se chama “loucura” e que tamén poría entre aspas.

As citas non só enmarcan o poemario e as súas distintas partes. Son, todas, citas de libros que lin nos dous últimos anos, coas que quixen establecer un diálogo e, sobre todo, ofrecer ás lectoras un punto de apoio (unha guía, unha alternativa no camiño da lectura) do que, por suposto, poden prescindir se así o desexan.

Se algo pode facer co perigo de vivir a poesía, é expresalo, porque salvarnos deles non nos salva. Con todo, poder expresar o perigo de estar vivo, sexa da maneira que sexa, é un acougo. Do mesmo xeito que o é aprecialo nun poema, nunha obra pictórica, nunha peza de música…

Samuel Merino recitando no V aniversario de A Movida | P. Vázquez

Esa é unha das grandes preguntas. Como aprender a amar se non nos miran? Penso que se ama máis cos ollos que coa boca (como ocorre co comer cando hai fame). Se non hai mirada non hai referencia. Como amo se non sei como se mira sendo amado?

Porque a vida é circular (en sentido contrario).

Para min é moi semellante. O acto creativo é acto poético. Unha das cousas que varía é que na creación dun espectáculo interveñen materialmente máis elementos de significación, as posibilidades expresivas multiplícanse. Ábrense moitas máis vías de interpretación que se complementan, que se conectan, ou que entran en conflito entre si…Outra diferenza é que no espectáculo a recepción da creación está atravesada, ademais, pola miña presenza física, polo meu corpo. Intervén este como elemento de significación tamén.

Por resumir, diría que a poesía é a maneira que atopei de “traballar do meu” (entendendo que “o meu” é a carreira quen estudei e esa disciplina que amo).

Foi unha especie de desquite. Escribino para o neno e o adolescente que fun e para o neno e o adolescente que non me deixaron ser. Foi un día importante no persoal.

Samuel Merino | Eva Lago

Sólido. Sen dúbida, o estado é sólido. Se ben debemos coidala moito, porque en tempos líquidos é moi doado que todo se evapore.

FAITE AMOVIDALOVER

Veño de comezar a rodar hai pouco con Silvia Penas o recital multimedia De rota raposa, e con Lucia Aldao Os nomes íntimos. A miña intención, que non é un proxecto aínda, é darlle corpo e voz ao Manual de Camufalxe. Pero non quero pórme ansioso.

Tensi Gesteira (@lecturafilia)
Crítica literaria