Samaín, aniversario da sala Kominsky e homenaxe a Gaza esta fin de semana en Vigo

O Samaín acapara gran parte da programación cultural esta fin de semana en Vigo. Pero tamén temos o venres o sétimo aniversario da Sala Kominsky e o sábado a Porta do Sol acolle unha homenaxe musical pola crise humanitaria en Gaza. Buena Vista Social Club será homenaxeado na Sala Masterclub, e a Sala Ártika lembra a Castelao cunha obra de teatro protagonizada por Mofa e Befa.

Festas de Samaín – todo o fin de semana en distintas zonas – De balde e de pago

Estes días a cidade e os arredores estarán invadidos polos espíritos e as celebracións, con espectáculos como o de monicreques de Cabral, a chegada da Santa Compaña no Berbés ou o Creepy Circus Cabaret. Tamén hai obradoiros para nenos e adultos por igual, qu enon todo é festa.

Música e palabras para Gaza – sábado 1 ás 19:30h na Porta do Sol – De balde

As xornadas organizadas pola ONG Hoy por ti co apoio do Concello de Vigo: ‘Gaza. Entre o horror e a esperanza’, conclúen este sábado cun recital de concertos na Porta do Sol no que participan:  As Darbukas Dacolá, Ari Magritte, Pablo Vila, Eladio Santos, Krunch, El Puto Koke, Kaixo e Fillas de Cassandra.

Colectivo do flow – sábado 1 ás 19:30h no Tinta Negra – De balde

Un proxecto de improvisación teatral conformado por sete actrices e actores, no que ofrecen actuacións con humor irreverente e música na que se rín de todo o que poden. Esta vez o show é de temática de terror, como non, e tratará sobre un dos maiores medos na vida adulta, o cambio de hora.

Colectivo do Flow

Cantajuegos XX aniversario – o sábado 1 ás 16:30h e ás 19:00h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 13,00 €

Os cantaxogos Puli, Ainhoa, Rodri, Eugenia e os seus entrañables amigos Coco, Pepe e Buby, celebran os 20 anos cunha xira que ten dúas citas en Vigo. As clásicas cancións, música e coreografías seguen a triunfar entre os máis novos, e a revivir memorias nos maiores.

Vigocultura: Nevenka – sábado 1 las 20:00h no Auditorio Municipal do Concello – 10,00 €

Dentro de todo o ciclo de espectáculos de Vigocultura esta fin de semana chega Nevenka, a obra que reflexa a historia real do caso da primeira muller que gañou un xuízo por acosos sexual a un político en España. Na liña do filme que se estreou en 2024, é unha homenaxe ao primeiro caso de #MeToo no país, que aínda agora da moito do que reflexionar.

Mofa e Befa: os dous de sempre – o sábado 1 e o domingo 2 ás 20:00h na Sala Ártika – Desde 11,00€

A Sala Ártika acolle a obra de teatro en dúas funcións, na que se homenaxea o universo humorístico da obra de Castelao. Con dirección de Quico Cadaval e dramaturxia de Carme Varela, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira (Mofa e Befa) dan vida a Pedriño e Rañolas.

Mofa e Befa: os dous de sempre

Homenaxe a Buena Vista Social Club – sábado 1 ás 22:30h na Sala Masterclub – Desde 13,00 €

Frans Banfield (Arxentina), David Álvarez (Cuba), Woyza (Vigo), Rosa García (Cuba) e VigoCandombe homenaxean a un dos conxuntos musicais latinos máis icónicos. Buena Vista, que en verdade só publicou un único álbum, foi un grupo que destacou pola fina instrumental e a popularización da música caribeña máis alá do mundo hispanofalante. Non hai mellor maneira de disfrutar os seus temas que en directo.

7º Aniversario da Sala Kominsky – venres 31 a partir das 23:00 na Sala Kominsky – De balde

A sala Kominsky non celebra Halloween nin Samaín, senón 7 anos de arte, música e cor nun dos recunchos máis icónicos de Churruca. Como non podía ser doutra maneira haberán 30 músicos distintos, con estilos variados, e entrada aberta para este encontro no que non fan falta disfraces.

Los Mejillones Tigre – venres 31 ás 22:00h na Fábrica de Chocolate – 13,20 €

Presentando o novo disco Me gusto más el libro a banda trae a súa fusión curiosa de cumbia, garage e psicodelia a Churruca. Dentro do seu estilo caótico e impredecible o nome do típico prato galego é inmellorable, sobre todo porque a agrupación é de Jaén.

REVISTA NOVEMBRO

Nostos 4tet – domingo 2 ás 12:00 no Vitruvia Café – 15,00 €

O cuarteto con ADN de Galicia, Asturias e Italia actúa no Vitruvia con ilusión. “Nostos” é a palabra grega que significa “regreso a casa”, ao que se remiten os seus sons e motivacións musicais, o periplo da volta ao fogar a través do jazz. Non é de extrañar que destaquen como o mellor do panorama actual do jazz.