RunRunVigo presenta as doce carreiras máis distinguidas deste 2026

O popular circuíto de carreiras RunRunVigo vén de anunciar as doce probas deportivas que o conforman neste 2026. Estas terán lugar en diferentes barrios e parroquias ao longo do ano, sendo a Subida ao Castro a encargada de arrancar o curso o domingo 15 de febreiro.

Se un dos dos teus propósitos de aninovo foi o de facer máis deporte neste 2026, toma nota do que vén a continuación. O circuíto de carreiras RunRunVigo anunciou as doce probas para este 2026, algunha delas xa coa data de celebración definida. Trátase da 17ª edición, a terceira consecutiva en contar con doce citas. Na última edición participarron arredor de 15.000 persoas adultas e 3000 nenos e nenas, o que supuxo un aumento do 30% respecto a 2024.

XORNADA XUNTA

Outra das características de RunRunVigo é a súa expansión xeográfica: as probas deportivas teñen lugar en numerosos barrios e parroquias da cidade: Teis, O Calvario, Samil, Beade, Coia, As Travesas, Beiramar, Casco Vello, zona centro… A carreira encargada de arrancar o circuíto é a Subida ao Castro o domingo 15 de febreiro, a máis curta pero á vez unha das máis esixentes, pois conta cun gran desnivel (máis de 150 metros).

Unha das novidades deste ano é que a carreira Vigo Contra el Cáncer se mantén na parrilla malia que en setembro de 2025 as organizadoras da proba anunciaron que, tras doce edicións, aquela sería a derradeira. A outra nova é que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou na conferencia de prensa que os organizadores das carreiras do RunRunVigo serán recoñecidos como Vigueses Distinguidos na Gala do Atletismo que se celebra o luns 19 de xaneiro no Auditorio Municipal.

Calendario de Carreiras

15 de febreiro | Subida ao Castro 
1 de marzo | Calvario 5+5 
15 de marzo | 10 K de Teis 
12 de abril | Vig-Bay 
17 de maio | Praia de Samil 
31 de maio | Carreira da Cereixa 
Xuño | Nocturna Correndo por Vigo 
23 de xuño | Nocturna de San Xoán 
Outubro | VigoContra el Cáncer 
15 de novembro | La 21 Media Maratón 
29 de novembro | Carrera solidaria “Érguete e Corre”
Decembro | Milla de Vigo (antes Vigo +11)