Rubén Pozo, San Brais e teatro esta fin de semana en Vigo
Continúa o San Brais na parroquia de Bembrive cos tradicionais furanchos funcionando a todo gas, tamén comeza a programación de Vigocultura e, se procuras plans a cuberto, a fin de semana trae danza, humor, música clásica, danza e cabaré espallados polos teatros da cidade. Preme no título de cada evento para obter máis información e visita a nosa axenda para coñecer todos os eventos da cidade.

SAN BRAIS – Ata o 3 de febreiro en Bembrive – De balde
A parroquia de Bembrive xa está inmersa na celebración da súa festa máis emblemática. Os furanchos xa están abertos e a San Brais prolongarase ata o martes 3 de febreiro, día grande da romaría.
VIGOCULTURA – De venres a domingo – Varios
Arranca a programación municipal de teatro. O espectáculo de rúa ‘Carman’ programado para o venres foi cancelado por mor da meteroloxía e nas próximas horas saberemos se se mantén o do sábado. Seguro que si que se celebra a obra de teatro ‘Los Yugoslavos’ o domingo no Auditorio do Concello.
CARMINA BURANA E O CONCERTO DE ARANJUEZ – Venres ás 21:00h no Mar de Vigo – Desde 39,00 €
O concerto une dúas obras mestras universais: o luminoso Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo e a explosiva Carmina Burana de Carl Orff, nun diálogo entre a alma de España e a enerxía da vida medieval.
CONCERTO DE RUBÉN POZO – Venres ás 22:00h na Fábrica de chocolate – 19,80 €
O exmembro de Pereza presenta o seu novo disco, 50town. Neste concerto non faltarán os clásicos que o acompañaron desde a súa aventura en solitario. Rubén estará acompañado pola banda Los Chicos de la Curva.
CONCERTO ORQUESTRA VIGO 430: MOMENTOS RITUAIS – Sábado ás 20:00h no MARCO – Desde 6,00 €
Un diálogo entre música, pensamento e experiencia artística. Esta é a proposta que o Ensemble Contemporáneo da Orquestra Vigo 430 presentará este sábado. Protagonizado polo saxofonista Rafa Yebra e a violista Wanshu Qiu.

ESPECTÁCULO MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 20:00h no Cine Vigo – 10,00 €
Compañía de teatro e cabaret drag que crea comedias musicais con voz en directo, bailes e moito humor. Coa participacion de Marinita Calleja, CarolinSanders E Roberto Casalof.
ESPECTÁCULO COACHES DE CHOQUE – Sábado ás 20:30h no auditorio do Teatro Afundación – Desde 10,60 €
Oswaldo Digón e Rafa Durán interpretan a dous coaches realmente entusiasmados e moi motivados, que mediante unha terapia de impro-choque crean sobre a marcha un espectáculo frenético e irrepetible grazas ás propostas do público.
ESPECTÁCULO O AMOR DAS PEDRAS – Sábado ás 20:00h na Sala Ártika – Desde 11,00 €
Peza de danza creada por Sílvia Boga a partir da novela homónima de Pedro Rodríguez: unha historia sincera dun amor etéreo, nacido dunha traxedia, que invita a reflexionar sobre a forza dos soños e a transcendencia da natureza.
VIGO DUB CLUB – Sábado ás 23:30h no Kingston Club – 8,00 €
O colectivo de soundsystem Skank-fu hi-fi está de aniversario e o celebran a o grande cunha noite onde repasaran os seus 9 anos de traxectoria.
CONCERTO DE FÓRMULA V – Sábado ás 20:00h no Mar de Vigo – Desde 30,00€
Con Paco Pastor á cabeza, fundador da banda, ‘Fórmula V’ son creadores de cancións que forman parte da memoria histórica do Pop en español: ‘Cuéntame’, ‘Eva María’, ‘Vacaciones de verano’, ‘La Fiesta de Blas’ ou ‘Tengo tu amor’.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Vigo volve á lista do mellor da cultura grazas ao Hematofesti - 6 Febreiro, 2026
- A Asociación Vigo Contra el Cáncer desvincúlase da nova carreira anunciada polo Concello - 4 Febreiro, 2026
- Sorry But, comer sen explicacións - 4 Febreiro, 2026
- Rubén Pozo, San Brais e teatro esta fin de semana en Vigo - 28 Xaneiro, 2026
- Alberte ‘take away’: a cociña de autor sae do restaurante - 28 Xaneiro, 2026



