Roteiros, conferencias, presentacións e proxeccións na Semana das linguas, as literaturas e a tradución

A Semana das linguas, as literaturas e a tradución xorde como unha iniciativa para celebrarmos na Facultade de Filoloxía e Tradución o 23 de setembro, Día Internacional das Linguas de Sinais; o 26 de setembro, Día Europeo das Linguas; e o 30 de setembro, Día Internacional da Tradución. O obxectivo é achegar ás estudantes e á cidadanía os coñecementos e actividades que desenvolven nestes campos.

Este ano celébrase a segunda edición da Semana das linguas, as literaturas e a tradución, un ciclo de conferencias, presentacións de libros, obradoiros, roteiros e proxeccións organizado pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O de “semana” é un xeito de falar, pois a programación terá lugar desde o xoves 11 de setembro ata o 3 de outubro en diferentes espazos da cidade.

Como o programa é tan amplo, imos debullalo nos diferentes tipos de actividades:

La importancia de las humanidades en publicidad

Palestra impartida por Román Bello e presentación do seu último libro “El libro del coprywriting” . Salón de graos. FFT.

Conferencia de Laura carta

Conferencia organizada por La Dante impartida por Laura Carta (Università di Bologna). Título: “Un nuovo modello di famiglia. L’esperenza vissuta e teorizzata dalla scrittrice Michela Murgia. Celebrarase no edificio Redeiras. Martes 30/9/2025. Ás 18.00 horas

Conferencia de M’Bare

Conferencia de M’bare. Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Luns 22/9/2025. 13.00 horas.

Conferencia de Laura Saez

Conferencia sobre “Aspectos tradutolóxicos no marco da edición independiente de Galiza”. Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Martes 30/9/2025. 10.00 horas

Las traductoras en la edad de plata

Palestra impartida por Assumpta Camps . Salón de graos. FFT. 2/10/2025

A literatura sen barreiras

Mesa redonda A literatura sen barreiras: lectura fácil, inclusión real? Presentación da nova colección de Galaxia de literatura en linguaxe sinxela. Interveñen: Marcos Calveiro (director da editorial Galaxia), Jesús Meiriño (adaptador a LF), Alexander Rodríguez (validador). Modera: Lourdes Lorenzo. Salón de actos da FFT

Mesa de bolleras, migras e lisiadas

Mesa redonda para falar da experiencia das minorías. Celebrarase o mércores 1/10/2025. Ás 18.00 horas. Edificio Redeiras

Cursos gratuítos de iniciación ao éuscaro e ao lituano

Cursos gratuítos para familiarizarse coas linguas lituana e éuscara. Inscrición na lapela de inscricións nesta misma web.

Faladoiro

Faladoiro con Raquel Senra sobre as saídas profesionais dos estudos de tradución. Día 25 de setembro. Aula B3. FFT. De 10 a 11.30 horas. 

Proxección de Pato$

Proxección da curtametraxe rodada en linguaxe de signos Pato$, última llamadaHai cine máis alá do son: mergullarse na percepción xorda.

Interveñen: Veru Rodríguez (director e produtor, Idendeaf), Miguel Carregado Mito. Modera: Concha Báez

Auditorio do Concello. Xoves 25/9/2025. 20.00 horas

Ruta Vigo Noir

Andaina coa compañía de autores e autoras que ubican as súas obras na cidade de Vigo. Martes 23/9/2025. Ás 18.00. É preciso inscrición. Inscricións.

Literatura ás agAchadas

Andaina literaria onde en diferentes puntos do centro da cidade de Vigo, as persoas poden encontrarse con autores e autoras de Galiza para falar das súas obras. Mércores 24 de setembro. Ás 18.00 horas.

Clube de lectura de literatura africana

Clube de lectura moderado por Carla Figueiras Catoira para acercarse a literatura africana traducida ao español. Redeiras. Do luns 29/9/2025 ao xoves 2/9/2025. Ás 19.00 horas. Edificio Redeiras.

Luns 29/9/2025

Introdución á tradución, traducido por Alberto Álvarez Lugrís.

O parlamento dos paxaros. O libro da duquesa, traducido por Jorge Luis Bueno Alonso.

De 18.00 a 19.00.

Edificio Redeiras.

Xoves 2/10/2025

Presentación dos libros:

Lengua mutante, editado por Ártemis López. 

Voces de mujeres, editado por Ana Varela, Susana Rodríguez Barcia e María Méndez.

De 18.00 a 19.00.

Edificio Redeiras.