Rosa Cedrón, LAW e Lula Mora: protagonismo musical feminino esta fin de semana en Vigo

Non son as únicas propostas musicais: Zenet e Bosco Hierro completan as nosas recomendacións musicais. Se optamos pola comedia, a cousa va de Pablos: Pablo Meixe e Pablo Ibarburu traen os seus shows esta fin de semana á cidade. Consulta a nosa axenda para coñecer todos os plans destes días.

LAW, Rosa Cedrón e Lula Mora

XORNADAS DO ENTROIDO | Venres e sábado na Asociación do Casco Vello | De balde

XORNADA XUNTA

O programa combina música, proxeccións audiovisuais e intervencións arredor de diferentes manifestacións do Entroido. A xornada do venres inclúe a apertura coa Banda de gaitas do Casco Vello, a proxección do documental A traxedia do Xirobio e unha mesa dedicada ao Merdeiro, na que se aborda a evolución desta figura ao longo de dúas décadas de entroido popular.

CONCERTO LAW | Venres ás 19:30 en Vialia | De balde

LAW é un proxecto musical contemporáneo que destaca pola súa versatilidade e madurez artística. A súa proposta combina temas urbanos con ritmos reggae e mensaxes profundas e comprometidas. En directo, o concerto convértese nunha experiencia colectiva de forte reivindicación social, baile e enerxía, que o propio artista define como unha “rave prehistórica”: unha vivencia sensorial que conecta corpo e emoción cunha identidade artística propia.

CANCELADO | ESPECTÁCULO ‘PI R CUADRADO’ | Venres ás 20:00 h en A Morada | Caixa inversa

Pi R Cuadrado é unha peza de teatro físico en solitario na que o movemento poético, a danza e a expresión corporal se fusionan co espazo sonoro e coas retroproxeccións en directo. Unha viaxe profunda a través da emocionalidade humana e dos seus procesos: unha espiral infinita en constante expansión.

BOSCO HERRERO | Venres ás 21:00 h na Doppler | Desde 8,50 €

Novo artista de orixe francesa e vasca que compón baladas melancólicas dunha orixinalidade refrescante.

CONCERTO LULA MORA | Venres ás 22:00 h na Sala Kominsky | 10,00 €

A agrupación, liderada por Sara Caride e Silvia Izquierdo, combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias. As súas letras nútrense de vivencias persoais para falar de encontro, cambio, esperanza e sororidade. Cantan e recitan en galego e castelán, e ás súas voces súmanse os sons da guitarra, o ukelele, o contrabaixo, teclados e sintetizadores. A súa música parte do xénero da canción de autora pero afástase del incorporando sonoridades doutros xéneros como o indie, o rap, o folk ou a música de raíz.

PABLO MEIXE | Venres ás 22:30 h no Auditorio do Teatro García Barbón | Desde 16,80 €

Pablo Meixe volve para seguir probando textos, improvisar co público e, sobre todo, facer aquilo que máis lle gusta: vervos rir sen parar. Este espectáculo é un remuíño de gargalladas e complicidade co público. Se te ris cos seus vídeos, prepárate para vivir a experiencia en vivo e en directo. Non hai filtros, só unha hora de comedia pura!

NYMERIA | Sábado ás 17:30 e 20:30 no Mar de Vigo | Desde 35,50 €

Nymeria é o novo espectáculo de Pablo Méndez Performances, unha proposta inmersiva e sorprendente para todos os públicos que convida a vivir unha viaxe intergaláctica chea de maxia, emoción e descubrimento. Desde o primeiro instante, os espectadores convértense en tripulantes dun transbordador espacial que os transportará a través de diferentes mundos fantásticos ata acadar Nymeria, un destino final abraiante onde todo é posible.

VIGOCULTURA: ROSA CEDRÓN | Sábado ás 20:00 h no Auditorio Municipal | 10,00 €

Concerto en formato trío que celebra as tres décadas de traxectoria da artista, desde a súa etapa en Luar na Lubre ata as súas composicións máis íntimas en solitario.

ZENET | Sábado ás 20:30 h no Teatro García Barbón | Desde 25,30 €

Zenet, con máis de 15 anos de traxectoria, é unha das voces máis icónicas do jazz e o folclore en español. O seu estilo ecléctico eversátil convertiuno en referente, combinando xéneros como bolero, jazz, bossa nova, swing ou blues, sempre cunha interpretación única e seductora. Dende o seu debut en 2008 con Los mares de China, cosechou grandes éxitos e premios (Cubadisco, Premios MIN), ademáis de destacar en cine, televisión e campañas de moda. Colaborou con artistas como Miguel Poveda, Silvia Pérez Cruz, Rozalén ou Xoel López. En 2025 fará unha pausa nos escenarios para preparar un novo disco co que regresará en 2026, consolidando a súa figura como un dos artistas máis influintes e orixinis da música hispanofalante.

PABLO IBARBURU | Sábado ás 22:30 no Auditorio do Teatro García Barbón | Desde 19,80 €

Atopámonos aquí cun cómico que xamais estivo nin preto de coñecer o glamour, pero que volve con máis ganas ca nunca de facer o parvo. Este show permitirános afondar un pouco máis na súa absurda mente e descubrir algunhas cousas que non sabiamos del, como o impacto negativo que os soños tiveron na súa vida, a súa experiencia laboral previa a traballar na televisión e o tempo que lle levou aprender a comunicar os seus sentimentos.