CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Rodrigo Cuevas, Víctor Manuel, Miguel Costas e millóns de luces led esta fin de semana en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 23 ao 26 de novembro. Música, contacontos, teatro, concertos na Colexiata… e millóns de luces led. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Miguel Costas no último concerto de Siniestro Total, no Wizink Center de Madrid | P. Vázquez

RODRIGO CUEVAS – Xoves e venres ás 20:30 no Teatro Afundación – Entradas esgotadas

“La Romería”, nova xira de Rodrigo Cuevas, é un espazo propicio para a celebración e a comuñón, un lugar para sentirse libre de prexuízos, para vencer a soberanos e amantes, libertinos e ben no sentido máis amplo da palabra ben. Un espectáculo que semella extrovertido, quente, ambicioso, alegre, bailable e, quizais, épico: maior. O artista asturiano foi recentemente galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais.

CONTACONTOS CON CAXOTO – Venres ás 18:00 na Sala Rebullón – De balde

O último espectáculo familiar do mes na Sala Rebullón chega o 24 de novembro! Caxoto Díaz Valle traeranos “CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS”, un repertorio de historias e reflexións que rompen cos estereotipos de xénero e profundiza na igualdade. O que os peques aprenden nos seus primeiros anos pode influír en como se desenvolven como persoas. Por iso, desde a Rebullón están a encarar proxectos que promoven a igualdade.

FESTIVAL 8PÉS – Xoves, venres e sábado ás 21:00 na Concatedral de Santa María – De balde

A Orquestra Clásica de Vigo confirma a celebración da que será a III Edición do Festival 8Pés; o festival de órgano nado no 2021 co obxectivo de contribuir á posta en valor deste instrumento que, malia a antigüidade das súas orixes, cada ano provoca novos achegamentos de seguedores e seguedoras e esperta o interese do gran público. A cita co festival será os días 23, 24 e 25 de novembro na Concatedral de Santa María de Vigo, coincidindo coa semana de celebración de Santa Icía -patroa da música-. O programa de terá como protagonista indiscutible o único órgano en activo nun templo da cidade: o órgano Alberdi, de 1909, restaurado en 2017 por Federico Acitores.

ACENDIDO DAS LUCES DO NADAL – Venres ás 20:00 na Porta do Sol – De balde

Vigo acenderá os “11,5 millóns de luces led” nun acto na Porta do Sol o venres 24 de setembro ás 20 horasalumeando así “450 rúas con máis de 6.000 estruturas, 4.000 arcos e motivos, 3.000 árbores e 56 elementos de gran tamaño”, segundo sinalan desde o Concello. O Nadal esténdese por toda a cidade con elementos 3D decorativos en Teixugueiras, Gregorio Espino, Bouzas, Praza Independencia e Progreso. O Goberno local tamén creou un plan de tráfico especial, tanto para o día do acendido como para o resto do Nadal, para tratar de evitar os graves colapsos sufridos o pasado inverno.

KG970 – Venres ás 20:30 na Sala Doppler – Desde 15,00€ CANCELADO

Parte do colectivo 970BLOCK, orienta o seu estilo ao drill máis puro e aos inicios deste movemento. Desde o seu primeiro tema, converteu levar a cara tapada no seu aceno de identidade. Considerado outro dos grandes pioneiros da nova onda urbana, KG970 conseguiu posicionarse neste movemento con cancións como “Cínico” ou “Panadero”.

MIGUEL COSTAS – Venres ás 22:00 no Teatro Salesianos – Desde 15,00€

O que foi fundador e líder ata 1994 de Siniestro Total volve ao lugar onde comezou todo: o Cine Teatro Salesianos. Sobre ese escenario, lugar fundacional da Movida en 1982, compartirá cancións con excompañeiros dunha traxectoria de 40 anos. Repasará as súas composicións máis famosas con Siniestro Total e tamén doutros proxectos como Aerolíneas Federales, Los Feliz ou Costas.

FESTIFOLC – Venres, sábado e domingo na Centro Cultural Atlántida de Matamá – De balde

O popular festival de folk volve a Matamá con tres días de música tradicional, onde actuarán bandas de gaitas, cantareiras e outras agrupacións folclóricas.

VÍCTOR MANUEL – Sábado ás 20:30 no Mar de Vigo – Desde 50,00€

Víctor Manuel chega ao escenario do Auditorio Mar de Vigo, despois de percorrer todos os recunchos do país durante os dous últimos anos, esgotando as entradas en case todas as cidades, este concerto formará parte duns poucos seleccionados para poñer fin a esta exitosa xira de grandes éxitos que leva por nome “La Vida En Canciones – El escenario lo cura todo”. Quedan moi poucas entradas.

LOS DELTONOS + BO DEREK’S – Sábado ás 21:30 na Sala Rouge – Desde 20,00€

CAMELIAS NADAL

Dúas das bandas de rock en castelán máis potentes do norte peninsular estarán o sábado 25 de novembro na Sala Rouge. A lendaria banda cántabra Los Deltonos volven a Vigo varios anos despois para presentar o seu disco En el Fillmore, gravado en vivo en Alacante a mediados deste ano. Ademais farán un repaso pola súa extensa discografía. Pola súa banda, o trío de rock and roll á vella usanza encabezado por Óscar Avendaño (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma, Siniestro Total…) presenta o seu novo disco, Porca miseria. Os irmáns Lorre completar un power trio

COLORS – Sábado e domingo ás 18:00 na Sala Ártika – Desde 8,00€

Un espectáculo onírico. Un xogo de sensacións e emocións. Un abano de propostas de novas linguaxes. Argumentos imaxinados a partir da inspiración das diferentes cores. Un puño de recursos escénicos clásicos e innovadores. Unha pequena homenaxe ao Llibre de les Meravelles. Unha sucesión de preguntas transcendentes sobre un universo cotián. Un plantexamento aberto e suxerinte para todos os sentidos Un montón de pequenos detalles para os públicos de todas as idades.