Río Verbena, cine ao aire libre e Entroido de verán esta fin de semana
A música en directo e os espazos abertos volven ser protagonistas desta fin de semana de agosto. Ademais de festivais e concertos, tamén poderemos desfrutar de cine e comedia ao aire libre. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

FESTIVAL CANJAZZ – De xoves a domingo en Cangas – De balde
Artistas procedentes de Corea do Sur, Arxentina, Senegal, Países Baixos e Portugal xúntanse cos galegos na celebración dunha nova edición do Canjazz, un dos festivais de jazz máis antigos do noroeste peninsular.
CONCERTO DE EL ÚLTIMO CICLISTA E AMIGOS – Xoves ás 21:30 h na Casa de Arriba – 7,00 €
El último ciclista é o proxecto musical de Gabrulo García, un montevideano afincado en Galicia cun son entre o rock e o pop. Este verán realiza una residencia musical no bar de Churruca, onde toca todos os xoves de agosto.

FESTIVAL RÍO VERBENA – Venres e sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra – Desde 60,00 €
Festival de indie e pop onde grandes artistas clásicos comparten escenario co talento emerxente. Xoel López, Loquillo, Coque Malla e Pignoise son os cabezas de cartel do venres; Álvaro de Luna e Carlos Sadness os pratos fortes do sábado.
CONCERTO DE LLORENTE & TRIBU – Venres ás 20:30 h no Chiringuito de la Marina – De balde
O Chiringuito de la Marina, situado no recheo industrial de Bouzas, organiza un concerto de Llorente & Tribu, con posterior sesión do DJ Alejandro Jesús.
CONCERTO AMORODO – Venres ás 21:00 h en Villa Solita – De balde
Amorodo fai hip-hop en galego dende 2018, mesturando rap noventeiro, reggaetón e trap cun estilo propio e letras xeracionais. O seu concerto pecha o ciclo de concertos Curiosidades Solita, na villa indiana de Villa Solita.

PROXECCIÓN CORGI: LAS MASCOTAS DE LA REINA – Venres ás 22:00h no Pazo de Castrelos – De balde
Dentro do centenario do Pazo de Castrelos organízase un ciclo de cine británico ao aire libre. A primeira cita é co filme de animación familiar Corgi: Las mascotas de la reina. O programa completo pode consultarse aquí.
ENTROIDO DE VERÁN DE REDONDELA – Sábado desde as 19:00 h na alameda de Redondela – De balde
A XXVI edición da festa chega con actuacións musicais en directo de The Rapants e Carlos Jean, sesións DJ, espazos específicos para a cativada e unha Gala Drag cun concurso incluído.

CONCERTO DE MALAHERBA – Sábado ás 20:00 h no Chiringuito da ETEA – De balde
Durante o mes de agosto, o Chiringuito de la ETEA ofrece unha ampla programación musical con actuacións en directo todas as semanas. Malaherba é un dúo vigués de guitarra e percusión que interpreta versións de pop, rock e blues en castelán.
ESPECTÁCULO 5 GALEGOS E PUNTO, CONA! – Sábado ás 22:00 h no CC A Laxe – Desde 19,80 €
A azotea do centro comercial acolle un espectáculo de comedia protagoniado por Marta Doviro, Pepo Suevos, Carmen Méndez, Jazmin Abuín e Víctor Fábregas. Cinco caras moi coñecidas da comedia galega realizarán monólogos e xogos de improvisación.
RUTAS DE SENDEIRISMO – Vigo e arredores – De balde
Unha andaina pola natureza galega é unha boa opción para manterse en forma á vez que exploramos bosques, praias e ríos. Neste artigo podes atopar cinco ideas de sendeiros sen saír de Vigo e neste outro recompilamos camiñatas nos arredores.

