Río Verbena, as Festas do Cristo e o Entroido de Verán esta fin de semana nos arredores de Vigo

A fin de semana chega cargada de concertos, festas e propostas culturais por Vigo e a súa contorna, con nomes destacados da escena estatal e galega. Preme no título de cada evento para máis información. Visita a axenda da Movida para coñecer todos os eventos da cidade.

CONCERTO DE DAKIDARRÍA – Xoves ás 19:30h en Patos (Nigrán) – Desde 11,00 €

REVENIDAS

Malabar Pénjamo enche as tardes de verán de música en directo coa programación Tardes na Solaina, un ciclo que combina artistas galegos con propostas chegadas de fóra. O concerto de Dakidarría será en acústico e slidario coas personas sancionadas nas protestas pro-Palestina na Volta Ciclista.

FESTIVAL RÍO VERBENA – Venres e sábado no Recinto Feiral de Pontevedra – Desde 44,00 €

Love of Lesbian, León Benavente, Xoel López, La La Love You ou Siloé encabezan o festival de Pontevedra. Dous días de música nos que se combinarán grandes nomes do indie e do pop estatal, talento galego e algunhas das propostas emerxentes que máis están medrando nos últimos meses.

CONCERTO DE MARÍA REIRÍS – Venres ás 21:00h en Villa Solita – De balde

Derradeiro concerto dentro do ciclo Curiosidades Solita. O cuarteto liderado pola cantante viguesa María Reirís combina jazz contemporáneo con boleros clásicos e bossa nova.

CONCERTO DE DULCE COMPAÑÍA + AVENIDA AEROPORTO + LIL POLBO A FEIRA – Venres ás 21:00h na Sala Kominsky – 8,00 €

Tres bandas galegas nunha mesma noite.

CONCERTO DE IL HARMÓNICA TRÍO – Venres ás 21:30h en La Pecera

Trío de músicos arxentino e portugués que propón unha viaxe pola música sudamericana, desde o tango ata o jazz pasando pola milonga e o choro brasileiro, a través dunha combinación pouco habitual de harmónicas orquestrais, piano e voz.

FESTAS DO CRISTO DE CANGAS – Venres a luns 31 en Cangas – De balde

 O programa reúne concertos das principais bandas galegas do momento, verbenas, ruadas, festivais folclóricos e propostas familiares en diferentes espazos do municipio. O venres actúa Rebeliom do Inframundo e Nadie González e o domingo Os Vacalouras e Nékora.

CONCERTO DE DR. MUSTIO & WHITEBRONCO + CONVIDADOS – Sábado ás 17:30h na Fundación Sales – 10,00 €

O xardín botánico da Fundación Sales acolle unha tarde de música e cultura urbana con concertos de Dr. Mustio & Whitebronco, Iban & Chivi, Cachelo Records e Periferia Centro. A programación complétase con sesións de DJ a cargo de Whitebronco e SLOWMXBEATZ, ademais dun mercado de artesanía.

ENTROIDO DE REDONDELA – Sábado desde as 18:00h – De balde

Redondela celebra unha nova edición do seu Entroido de Verán, unha das festas máis multitudinarias do calendario estival galego. A programación combinará actividades infantís e familiares durante a tarde con música, gala drag e concertos no Campo da Feira ata ben entrada a madrugada. Ogran concerto desta edición corre a cargo da banda de cumbia arxentina Ráfaga.

ESPECTÁCULO ÑIQUI ÑAQUE – Sábado ás 20:00h na Alameda de Bouzas – De balde

A Cultural de Bouzas volve apostar polo teatro na rúa para facer barrio e achegar as artes escénicas á veciñanza. Nesta ocasión, a historia chega cunha versión charangueira e bravú, cargada de humor e referencias á idiosincrasia galega.

CONCERTO DE TANGOMANGO – Domingo ás 19:30h no Esteiro da Foz (Nigrán) – De balde

A banda viguesa pecha a programación de Tardes na Solaina programado polo Malabar Pénjamo. Tangomango é unha banda de soul e funk con influencias da psicodelia, formada por músicos veteranos da escena local e liderada por Toño López. Aposta por temas propios en castelán e un son de raíces afroamericanas pensado para bailar.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.