Rigoberta Bandini actuará no Festival Portamérica

Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible son os novos nomes que confirman desde o Festival Portamérica, que se celebrará na Azucreirade Portas os días 9, 10 e 11 de xullo. Xa podes mercar aquí os teus abonos.

Novos nomes se engaden á decimocuarta edición do Festival Portamérica, desta vez artistas do panorama nacional e do outro lado do atlántico. Desde a organización do festival apostan por un cartel plural e aberto, pero tamén con imprenta local: Grande Amore, Eladio y Los Seres Queridos e The Rapants foron as primeiras bandas confirmadas para a edición de 2026 deste evento musical.

Rigoberta Bandini é posiblemente a máis recoñecible desta nova remesa, coa orixinalidade e estilo atrevido caracterizan a súa música e posta en escena. Nesta últiam xira Jesucrista Superstar continúa a súa tendencia pola liberdade e independencia absoluta.

Rigoberta Bandini en directo

Sanguijuelas del Guadiana representan a fusión do urbano e rural, o autotune e o Rock’n’roll e sobre todo o ruido intenso. Desde, como eles din, “a siberia extremeña” este grupo está a despegar co seu estilo que reivindica a vila e as historias do rural con orgullo.

Sanguijuelas del Guadiana

Nortec Colective foi un dúo de Tijuana, cuxo nome vén da mistura de música norteña mexicana e o techno. Trala separación en 2014 Bostich e Fussible volven xuntos para traer esta innovadora conxunción de sons e estilos nun directo que non defreudará aos máis connoisseur do electrónico.

Bostich e Fussible
REVISTA NADAL

O festival Portamérica, finalista nos 40 Music Awards e nos Premios Paraguas na categoría de Mellor Festival, seguirá anunciando máis artistas para o cartel de 2026.