Verde Mostaza é unha hamburguesería vexetariana (con opcións veganas) que ofrece unha experiencia gastronómica coa máxima calidade nos seus produtos e o mellor sabor en cada bocado. Traballan ofrecendo unha alimentación saudable escapando do concepto de comida rápida.
Tanto as hamburguesas como o resto da carta está elaborado con mimo e dedicación de maneira artesanal. En Verde Mostaza dedican moito tempo en escoller os produtos de mellor calidade, tentando que sexan sempre produtos da nosa terra e o máis próximos posible.
Ademáis das boísimas hamburguesas, podes gozar dunha gran variedade de guarnicións, cremas, ensaladas, patés e tartas caseiras nun ambiente dinámico con propostas culturais.
Se es dos que aínda cren que unha hamburguesa non pode ser sa, natural e deliciosa…Este é o teu lugar!. Ofrecen menú do día que podes consultar diariamente nos stories do seu Instagram. Ademais poderás gozar dos seus produtos acompañado da túa mascota xa que é un local animal fiendly.
Horario:
Luns: 13.00–16.00
Martes: 13.00–16.00
Mércores: 13.00–16.00
Xoves: 13.00–16.00, 20.30–23.30
Venres: 13.00–16.00, 20.30–23.30
Sábado: 13.30–16.00, 20.30–23.30
Domingo: Pechado