O Teatro Afundación é o centro cultural por excelencia na nosa cidade. Polas súas tablas pasaron óperas, concertos, música clásica, teatro, ballet…
Situado en pleno corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación foi inaugurado en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro que o arquitecto Antonio Palacios proxectou a principios do século XX. De estilo neobarroco, enmarcado na corrente modernista de comezos da centuria pasada, as súas características curvas e contra curvas lembran a ópera Garnier de París, fonte de inspiración do arquitecto galego para proxectar este maxestoso edificio.
A programación no Teatro Afundación non descansa en ningún momento do ano e pódense adquirir xa as entradas para numerosos eventos que terán lugar proximamente neste link.
A idade mínima para acceder ao teatro é de 6 anos, agás nos espectáculos programados para menores desa idade e espectáculos para público familiar. En todos os casos, os menores deben estar acompañados por unha persoa adulta.
Ofrecen o aluguer dos seus espazos a entidades públicas e privadas, así como a organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa súa filosofía. Os devanditos espazos dispoñibles para aluguer son: o teatro e a sala de concertos, o auditorio, a sala de conferencias, as salas de seminarios, as salas de exposicións, o salón de recepcións e a biblioteca. No caso de estar interesado podes chamar ao 986 120 082 ou escribir ao socioculturales@afundacion.org
Próximos eventos:
Non hai eventos