O edificio, sede da Xerencia de Afundación, foi proxectado en 1879 polo arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez. De estilo eclecticista, loce un virtuoso traballo de cantería, actúa como centro cultural e conta con diferentes espazos distribuidos en cinco plantas: auditorio, sala de conferencias, sala de reunións, salas de traballo, aulas, salas de exposicións e presentacións nos que podemos gozar de múltiples eventos.
As súas pareces acolleron concertos de renome, proxeccións de películas ou importantes exposicións.
Todos estes espazos están a disposición de entidades públicas e privadas, así como organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do centro cultural. Se estás interesado hai que contactar no teléfono 986 120 082 ou no enderezo electrónico socioculturales@afundacion.org.
Próximos eventos:
Non hai eventos