Savia Yoga Integral é un espazo onde gozar da práctica do ioga desde o primeiro momento.
No centro Savia Yoga Integral ofrecen unha practica que harmoniza todos os aspectos do ser humano, dotándonos de benestar físico, equilibrando as nosas emocións, a nosa mente e elevándonos espiritualmente.
É un espazo luminoso e tranquilo, un lugar ideal onde poderás practicar Ioga en pequenos grupos. As súas clases son reducidas, nas que te sentirás como en familia, iso é importante para poder adaptarnse ás necesidades de cada alumno. Tamén ofrecen a posibilidade de realizar clases personalizadas. Un ioga para todos independentemente das nosas condicións.