PICNIC sesións é un proxecto sociocultural da asociación sen ánimo de lucro LIDEIRAS, que ten como obxectivo que a parroquia de Saiáns teña a segunda edición do seu festival o 2 de setembro de 2023. Para conseguilo, levaremos a cabo unha serie de eventos e actividades mensuais para recadar fondos, que servirán para financiar o devandito festival.
Natureza, Cultura e Comunidade, son os tres piares que sosteñen o proxecto.
Queremos un formato de festival familiar, de día, con actividades para todos os públicos, que nos represente como comunidade e nos poña en valor.
OBXECTIVOS XERAIS
- Poñer no mapa a Saiáns como a primeira Parroquia de Vigo aberta ó Val MIñor.
- Dinamizar o espazo con actividades culturais para todas as idades
- Establecer un espazo de conexión entre á veciñanza para formar unha comunidade capaz de conseguir ós seus propios logros
- Revalorizar a paisaxe
- Economía circular
- Concienciación e sensibilización ambiental
- Fomentar a igualdade de xénero
- visibilizar a artistas da contorna