NÓS, ademais dunha cervexería é a marca dunha ampla gama de cervexas fabricadas na nosa cidade.
Baixo o slogam “Sabor Artesanal Galego”, Cervexa NÓS comezou a ser unha realidade en xuño de 2014. Despois de moito esforzo, lograron converter un hobbie como homebrew no seu traballo.
O seu obxectivo é ofrecer tanto ao mercado local como nacional unha nova marca e estilos de cervexas artesanais cun sabor artesanal galego único e de calidade. E é que, como micro cervexaría galega que son, queremos levar o recoñecemento que teñen os produtos da nosa terra a outro ámbito como o das cervexas artesanais.
Da súa fábrica, sita no Polígono de Seixiños (Beade), saes as cervexas que enchen os seus dous locais en Vigo: no Casco Vello (rúa Palma) e no centro (rúa Fisterra).
Nas Cervexerías Nós atoparás unha ampla gama de cevexas pintas, negras, aromatizadas… que poderás acompañar coa carta de tapas para pasar un bo rato degustando este producto tan noso.