Mr. Moch Beer abriu o verán de 2019 coa idea de ser un referente máis para aqueles amantes da cervexa.
Cunha decoración deseñada e feita á medida polo seu rexente, Yako, cómpre botarlle unha ollada ao local onde destaca o skyline de Vigo feito en madeira, as lámpadas e outros elementos ornamentais feitos con pezas de BMX, a maqueta dun navío feita por seu pai, o aseo cheo de debuxos de tatuadores de todo o Estado…
Unha ambientación coidada que fai que tomar unha cervexa sexa todo un placer xa que conta cunha gran selección de marcas artesás que vai mudando semanalmente.
Horario:
Luns: pechado
Martes e mércores: 20.00 a 01.00
Xoves: 20.00 a 03.00
Venres e sábado: 20.00 a 04.30
Domingo: Pechado